Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) E no mes de marzo aconteceu isto..

Vos contamos cómo nos foi no mes de marzo..

Coma todas as semanas seguimos a engadir palabras novas no noso diccionario así como no muro.

Así mesmo, cada semana que introducíamos unha nova letra, os encargados de traer a noticia de casa, nola contaban ao resto de compañeiros.

Tamén semanalmente seguimos a levar un libro da biblioteca de aula, e facer o rexistro do mesmo de xeito escrito e dixital ao ter que introducir o número do libro no recanto da biblioteca do noso blog de infantil para conseguir unha fotografía da portada.

 

Adicamos diferentes momentos da semana para plantexar distintas actividades de atención, observación, lóxica, na pantalla dixital

e con outro tipo de xogos e actividades ( con tarxetas de números, con formas xeométricas, con xogos de corro e ritmos).

Continuamos a pintar con témpera

e  aproveitamos para forrar a mesa da biblioteca cunha das nosas creacións colectivas.

(pendiente de foto)

Neste mes tamén tivemos unha data moi especial, o  día do Pai, e adicamos varias xornadas a preparar o noso agasallo

feito coa técnica de collage, recortando de revistas, que pegamos nunha cartulina e ao que con axuda dos profes, lle demos forma de calendario. Unha vez feita a composición barnizamos con alkil para endurecer e dar brilo.

 

e escribimos  unhas palabras agarimosas ao noso pai.

Tamén preparamos o papel de regalo estampando con selos con distintas formas e cun bonito debuxo.

Neste mes tamén participamos nunha saída a Pontevedra, o Salón do Libro, que xa vos contamos nunha entrada.

Posteriormente á visita recordamos e secuenciamos esta saída e as distintas actividades,escribindo sobre elas

e o incluimos no noso dossier dos traballos para casa.

Neste mes tamén celebramos os cumpreanos de Sara e David e Marcos e Aitana.

Traballamos distintas propostas cooperativas das que vos falaremos próximamente e nos iniciamos nun novo proxecto, a partir do entroido, en que nos disfrazamosde trogloditas.

Pero isto queda pendiente para a próxima entrada!

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.