Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) O mes de abril na nosa aula.

No mes de abril aconteceron na nosa aula moitísimas cousas.

Por un lado as propostas cooperativas, das que falamos nunha entrada anterior.

Seguimos participando noutras experiencias por equipos, facendo unha avaliación do noso grado de participación primeiramente de forma conxunta sobre aspectos como a recollida do material, o diálogo do grupo para poñernos dacordo ou a participación de todos os membros.

Posteriormente pasamos a facer esta avaliación en cartulinas cunha serie de iconas, primeiro axudados pola profe e pouco a pouco nós sós.

Agora estamos comezando a nombrar encargados de material (para acadar recoller entre todos todo) e do silencio (para tratar de falar baixiño cando traballamos co equipo) e tamén a facer un rexistro en papel do mesmo.

Destacar ademáis a nosa participación na celebración do día do Libro Infantil e Xuvenil.

Así como a celebración dos cumpreanos, como cada mes.

Outras experiencias destacables:

 

Fixemos un regalo para as nosas nais.

Os profes propuxéronnos facer un marco de fotos con paos de madeira como os dos xeados.

Isto deunos a oportunidade de previamente levar a cabo algunhas propostas moi interesantes:

-Imaxinamos distintos usos dos paos, é dicir, se poderían transformar en moitas cousas:

      

unha  frauta                       teléfono

e moitas outras como: peine, silbato, moto, coche, dinosaurio, micrófono, piruleta,....

-Creamos de maneira conxunta colocando de un e un os nosos paus uníndoos, tratando de darlle forma.

Coa forma resultante imaxinamos qué podía ser: 

Ademáis por equipos de traballo, a continuación fixemos a mesma actividade creando e poñéndolle nome ao resultado.

 

-Fixemos estimacións de cántos paus necesitaríamos en total todos os nenos, unha vez repartidos catro paus para cada compañeiro. 40, 90, 100, 14, 12, 50,....foron algunhas das estimacións, e para descubrir cántos eran realmente, fixemos unha longa fila unindo os catro de cada un.

E só tiñamos que contalos para averigualo. Así descubrimos que algún compañeiro andivera moi cerquiña.

Logo pensamos cántos paus necesitaría cada equipo e unha vez resolta a cuestión puxémonos mans á obra.

Falamos en gran grupo sobre cómo podíamos facelo, con qué material,...e vimos na pizarra dixital algúns modelos, quedándonos con un que elixiron os compañeiros de Infantil 2.

Cada equipo decidiu as dúas cores que utilizaría para o seu marco.

Noutras sesións, pegamos os paus xa pintados nun cartón e o decoramos, escribimos unha felicitación ás nosas nais e preparamos o papel de regalo.

Aos nosos marcos tan xeitosos lles engadimos unha foto nosa e listos!!

 

 Decoramos o noso recanto da primavera:

 Pintamos con témperas moitas flores para o noso recanto e tamén algunha bolboreta.

Noutra sesión, cos nosos equipos de traballo, engadimos ao recanto unha pequena rima que aprendimos:

"levántate maio,

que tanto tardaches,

pasou o inverno

e non te enteraches"

Cada equipo fixo unha nube onde escribir a súa frase, que previamente repartíramos.

Como se trataba de facelo entre todos, algún membro do equipo dictaba a frase de entre as escritas no encerado, ao compañeiro que escribía.

              

E así de colorido o deixamos entre todos!

(pendiente de foto).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.