Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Primeiros días de colexio II: continuamos a explorar e a coñecernos

Xa vos contamos nunha entrada anterior en que andamos metidos nestes primeiros días do curso, se aínda non o viches podes facelo na seguinte ligazón.
  
  
Con esta entrada imos rematar de contarvos todo o que está a acontecer ó longo deste mes de setembro, durante o peíodo de adaptación, xa que no vindeiro mes comezaremos a embarcarnos en novas aventuras.
  
Co paso dos días o grupo está integrando ós novos compañeiros e compañeiras, que xa se van adaptando ás rutinas da aula e cos que xa compartimos os nosos xogos.
  
  
REMATAMOS DE BUSCAR OS TESOUROS:
  
Continuamos coa busca de tesouros escondidos polo colexio, lendo as pistas asociadas ós números que había dentro dos globos pendurados do teito.
 
  
Un dos tesouros estaba debaixo das escaleiras "onda os parrulos" 
 
  
Outro día atopámolo na biblioteca do colexio 
 
  
E ata na aula dos nosos antigos compañeiros, que agora están en primeiro, había un tesouro escondido. 
 
  
A aula de informática tamén agochaba outro tesouro, o último dos que atopamos. 
 
  
Pegatinas, lápices, pelotas, nubes... e moito máis, foi todo o que fomos atopando dentro dos cofres do tesouro. 
 
  
Ó final demos rematado de estoupar tódolos globos pequenos, e xa non nos quedaba ningún tesouro por atopar. De paso fomos descubrindo diferentes dependencias do centro, a outros mestres e compañeiros á vez que lembrábamos algúns números e interpretábamos as pistas que cada un contiña. 
 
O LIBRO DOS COMPAÑEIROS
Para coñecer a tódolos compañeiros da nosa aula estamos a elaborar, cada un de nos, un libros coas fotografía e nomes dos compañeiros/as que temos na aula. 
  
Cada día, o encargado é retratado nunha folla do noso libro para, en equipos cooperativos, estampar con selos de letras o seu nome.  
     
Os de máis idade axudamos ós novos compañeiros e compañeiras de tres anos. 
  
Cado pasen tódolos encargados, alomenos unha vez, teremos listo o noso libro dos compañeiros e compañeiras que poderemos levar para casa. 
 
NOVAS BANDEXAS DA MERENDA
  
Este ano as nosas bandexas da merenda están decoradas cos nosos nomes en diferentes tamaños, tipografías e formas.  
  
Se ademais os decoramos con debuxos e gomets, quedan unhas bandexas de merenda fantásticas. 
 
ASISTIMOS A UN CONTACONTOS
Nestes primeiros días tamén puidemos asistir á nosa primeira sesión de contacontos do curso, na sala de usos múltiples do colexio.
  
Unha raíña foi contándonos algúns contos "do revés" que sucedían nun bosque encantado. 
 
  
  
REFACENDO OS REXISTROS:
Entre todos e todas fomos poñendo os novos nomes ás cadeiras... 
Os nomes do da casa e colexio, o rexistro do encargado, o libro dos cumpleanos, o tempo... vamos unha chea deles que finalmente demos posto ó día. 
 
E ADEMÁIS...
Continuamos a explorar outros recantos da nosa aula como a nosa biblioteca de aula, lembrando as normas que a rexen, comezando o préstamo de libros para casa...
  
Introducindo ós maís pequenos no uso do ordenador, de seguro que en pouco tempo poderán empregalo eles sos.
  
Tamén experimentamos con todo o material que temos no novo "recanto do científico", por exemplo os imáns parecéronnos super curiosos e interesantes... de seguro que de aquí xorden interesantes preguntas que investigar. 
 
  
Agora que está a piques de comezar un novo mes, temos preparadas unha chea de cousas que sucederán na nosa aula, así que como sempre non te esquezas de visitarnos de cando en vez par poñerte ó día.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.