Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

2014-2015) Usando as TIC no novo calendario online, libros para casa e muro das palabras

No día a día da nosa aula as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) están moi presentes, xa que as empregamos para buscar información para os nosos proxectos de investigación, atopar imaxes e información relevante para certas tarefas pero, sobre todo, para levar a cabo de forma autónoma certas rutinas da aula.

 

NOVO CALENDARIO ONLINE:

Desde este curso cada día o encargado ten que marcar, de forma autónoma, no calendario "online" (que podedes atopar no recanto de infantil), o data na que nos atopamos.

 

Incluíndo tamén as iconas das datas dos eventos relevantes que terán lugar no mes actual (samaín, magosto, celebración dos cumpreanos...)

 

Deste xeito cada día podemos ir "calculando" e "contando", cantos días faltan para que cheguen as celebracións que temos anotadas.

 

Por suposto, tamén anotamos os mesmos datos no noso calendario de papel na aula, incluídas por suposto as iconas.

 

 

REXISTRANDO OS LIBROS QUE LEVAMOS PARA CASA:

Outra das tarefas nas que, como en cursos anteriores, empregamos o ordenador de forma autónoma, é o rexisto de libros para casa os venres.

Como sempre, o primeiro é organizarnos por parellas para ir empregando o ordenador, xa que non é posible facelo todos á vez.

 

Tras elexir o libro que queren levar para casa, cada un dos integrantes da parella ten que escribir correctamente o número do seu libro na aplicación informatica online da BIBLIOTECA (que podedes atopar no recanto de infantil), para conseguir localizar o seu libro.

 

Deste xeito, tamén de forma autónoma, e tras chegar ó acordo de quen o fará primeiro dentro da parella, conseguimos imprimir as dúas portadas dos libros elexidos.

 

Que podemos incluír xunto con outros datos no noso libro de rexistro individual.

 

Os novos compañeiros e compañeiras de tres anos, ademais de pegar a portada do libro, escriben o seu nome e e o título do mesmo (segundo a hipótese na que se atopen no proceso lecto-escritor).

 

Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de máis idade, xa veteranos nestas lides, ademais da portada escriben a data, número do libro e título do mesmo. Traballando deste xeito o proceso de aproximación á lecto-escritura desde un enfoque funcional e respectando o ritmo madurativo do alumnado.

 

 

FACENDO O DICCIONARIO CO MURO DAS PALABRAS:

Continuamos neste curso a completar o noso diccionario persoal, empregando muro das palabras, que iniciamos o curso pasado. No caso dos novos compañeiros e compañeiras de tres ano comezaron o seu propio diccionario.

Neste curso cada semana un de nós, será o encargado de traer escritas ó luns seguinte dúas palabras "diferentes" ou "raras" coa letra que lle toque, para incluilas no muro.

 

Buscamos imaxes e vídeos no ordenador, para descubrir que significan esas novas palabras e que fan os obxectos, animais ou feitos que representan.

 

Xunto con esas palabras, e as que entre todos imos aportando ó muro da letra protagonista cada semana, tamén incluimos dúas persoaxes que traen os mestres. Un home e unha muller (ou persoaxes) relevantes na historia.

 

Dividímonos entre as dúas aulas as palabras "acordadas" para poñer no muro para, de forma autónoma imprimir a súa fotografía empregando a aplicación online DICCIONARIO (que podes atopar no recanto de infantil). Nela non só teremos que discriminar que icona significa "imprimir a imaxe grande", senón que tamén teremos que escribir o número de imaxes "pequenas" que precisamos imprimir para os nosos diccionarios

 

Desde xeito, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, cada semana imos enchendo o muro das palabras.  Con cada cambio de letra protagonista, incluíremos as persoaxes do noso muro nun gran libro, no que escribiremos, ademáis, datos relevantes sobre cada unha delas.

 

Para posteriormente elexir as nosas palabras favoritas do muro, e incluílas no noso diccionario persoal (segundo a consigna que se dea en cada caso), que xa estivo na casa durante o verán para comentalo coas nosas familias.

 

Encántanos saír ó corredor para elexir e "escribir" as palabras do muro que imos incluír no noso diccionario.

 

Ata os novos compañeiros e compañeiras de tres anos, comezaron a elexir as súas palabras favoritas para recortalas e pegar a cantidade delas que se indique en cada momento.

 

De seguro que o vindeiro curso, cando continúen co seu diccionario, sorprenderanse tanto coma nós de ver como escribiamos no diccionario e o moito que melloramos un ano despois. 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.