Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Preparámo-lo Magosto compoñendo unha poesía

Este curso iamos celebrar a festa do magosto o día 24 de outubro no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, e así o marcamos no calendario online da nos aula e no calendario en papel: indicando unha cataña e un autobús, para lembrarnos de que era unha saída a que tiñamos ir en autobús. Ó longo dos días fomos contando os que restaban ata a data tan sinalada... ata que por fin chegou gran día.

 

Pero antes sucedeu todo isto...

Como sempre que temos unha saída anotamos nunha listaxe os nosos nomes a medida que imos traendo a autorización.

 

No E.D.I. da aula de informática descubrimos o percorrido que tiñamos que facer desde o noso colexio ata o Parque Arqueolóxico en "Google maps". Foi moi divertido ir repasando o percorrido da cor que queriamos. Ademais arrastrando o "bonequiño laranxa" poidiamos ver en "stree veiw" diferentes lugares polos que iamos pasar.

 

Dialogamos e lemos historias sobre a festa do Magosto e, por suposto, xuntamos unha chea de castañas coas que puidemos, nos equipos cooperativos, levar a cabo diferentes xogos.

 

E, por suposto, amosar a nosas dotes artísticas e creativas, creando entre os compoñentes do equipo debuxos tan fantásticos como este.

 

Levamos as castañas ata a sala de mestres e mestras, onde as estaban a xuntar tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.

 

Durante a celebración do Magosto no Parque Arqueolóxico iamos ter que dicir unha poesía inventada por nos, e esta tiña que estar dentro dunha árbore de castañas, que descubirmos que se chamaba "castiñeiro".

Para compoñer a nosa poesía comezamos buscando palabras que tivesen que ver con MAGOSTO, conseguimos todas estas.

  • MAGOSTO, CASTAÑAS, FUME, LUME, COMER, FESTA, OURIZO, CESTO, ...

Comezamos a facer rimas coas palabra... e chegamos á primeira parte da nosa poesía.

AS CASTAÑAS NO LUME 

CHEIRAN A FUME

Para rematala continuamos a falar das cousas que sucedían cando comíamos as castañas que estaban no lume... como que, por exemplo, estaban quentes e queimaban ó comelas... despois de darlle varias voltas para que rimase demos rematada nosa poesía entre todos e todas.

E COMO ESTÁN QUENTES

QUEIMAS OS DENTES

 

Agora tan só tiñamos que debuxar a árbore onde escribila.

Entre todos e todas decidimos que o tronco da nosa árbore debería medir 35 cm, e así o marcamos co metro.

 

E fomos debuxándoo, xunto as 8 ramas que tería, cantidade que novamente decidimos entre todos e todas.

 

De cando en vez precisamos contalas para asegurarnos de non facer de máis, e ademáis para calcular cantas nos faltaban aínda por facer para chegar ata 8.

 

Coa árbore xa debuxada chegou o momento de coloreala para que quedase moi "realista", tras acordar as cores que ía ter cada parte puxémonos mans á obra coordinando os nosos movementos para poder facelo xuntos.

 

Coa árbore xa feita, chegou o momento de pasar a papel a nosa poesía para poder pegala no mural.

 

Pouco a pouco fomos escribindo os diferentes versos, que tivemos que pegar na orde correcta.

 

E así quedou finalmente, obra de INFANTIL 2, como engadimos ó pe do mesmo.

 

 

Engadimoslle unhas castañas pegadas no chan, xa que acordamos que caeran do castiñeiro. O noso mural estaba rematado.

 

Xa estaba listo para poder levalo na nosa visita ó Parque Arqueolóxico onde iamos celebrar o Magosto.

 

 

Se quere ver como nos foi na celebración do Magosto no Parque Arqueolóxico e todo o que alí fixemos, podes facelo na entrada publicada ó respecto á que podes acceder directamente desde aquí.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.