Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Celebrámo-lo samaín co noso conto de medo

Este ano no colexio para celebrar o Samaín, ademais de participar no concurso-exposición de cabazas de medo, tiñamos que inventar para logo "contar un conto terrorífico" a tódolos compañeiros e compañeiras na biblioteca. 

 

CREAMOS O NOSO CONTO DE MEDO:

Para crear o noso conto de medo acordamos que os da aula de infantil 2 comezasen a facer o primeiro borrador, que logo ampliarían na aula de infantil 1.

Partiron da foto de árbores terrorífica que había entre as que tiñamos na exposición de árbores do corredor.

 

E entre todos e todas foron elaborando o primeiro borrador da historia, unha vez rematada pasáronlla ós compañeiros de compañeiras de infantil 1.

 

Coa historia xa rematada chegou o momento de plasmala para poder contala na biblioteca. Para elo acordamos que serían os de 4 e 5 años das dúas aulas quenes se encargarían deste traballo.

Organizados por equipos escolleron unha cor de cartolina para elaborar a súa parte da historia.

 

Que foron plasmando con debuxos e pegando imaxes.

 

Podes ver a nosa historia de medo no vídeo-conto que creamos coa historia aquí.

 

CABAZA, MORCEGO E PANTASMA XIGANTES NO CORREDOR:

Mentras os compañeiros e compañeiras de 3 anos, foron os encargados de crear unha cabaza, un morcego e unha pantasma xigante para pendurar no corredor.

Despois de falar do que íamos facer, nos repartirmos  en 3 equipos para  pintar as figuras do samaín.

         

Tivemos que agardar a que secara, e noutra sesión, nos adicamos a  encher estas figuras terroríficas con papel de xornal ben enrugado, facendo bolas con él.

E así quedaron unha vez rematados.

 

VOTANDO NO CONCURSO DE CALACÚS. 

O día da celebración do Samaín, participamos na votación das cabazas que había na exposición, eran unha chea.

 

Mentras agardábamos para votar estivemos visionando e xogando con algúns vídeos e cancións sobre o Samaín e Halloween.

 

Coa axuda dos profes, que estaban tamén disfrazados coma todos nós, fomos elexindo os números das dúas cabazas que máis nos gustaban.

 

E metemos a nosa papeleta cos dous números na caixa de votación.

 

Encantounos pasar pola "porta tenebrosa" pola que se accedía á exposición de cabazas.

Agora tan só quedaba agardar a que votasen os compañeiros e compañeiras dos demáis cursos, para coñecer ás cabazas gañadoras ó final da mañá. 

 

Durante o recreo a profe Yolanda pintounos unhas arañas moi simpáticas a aqueles que quixemos... que fomos case todos e todas ;) 

 

CONTAMOS O NOSO CONTO DE MEDO:

Na biblioteca do colexio fomos contándolle o noso conto de medo a tódolos compañeiros e compañeiras. 

 

O xurado, no que estaban NOA e IVÁN como representantes de cada unha das aula de infantil, deunos unha puntuación moi alta, foi o segundo conto que máis puntos conseguiu despois dos dous gañadores.

Lembrade que moi pronto poderedes ver o noso conto de medo en vídeo, permanecede atentos.

PREMIOS ÁS CABAZAS MÁIS...

A profe Merce foi a encargada de anunciar os resultados da votación da exposición de cabazas do Samaín.

 

As cabazas máis votadas de INFANTIL 1 e INFANTIL 2 foron as de JORGE e NOA.

 

Estas foron as dúas cabazas de infantil que máis gustaron ós compañeiros e compañeiras do centro, que foron presentadas xunto ás gañadoras dos restantes cursos.

 

Tamén entregaron unha chea de diplomas ás cabazas máis simpáticas, entre elas estiveron varias dos compañeiros e compañeiras de infantil.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.