Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Explorando, reflexionando e "filosofando" sobre ás árbores

Coa chegada do outon exploramos a natureza, tal como xa vos contamos en entradas anteriores, para rematar os traballos previstos coas árbores fixemos todo isto:

PINTANDO E ESTAMPANDO FOLLAS:

Por equipos pintamos con témpera as follas que recollerámos nunha das nosas visitas ó patio do colexio para recollelas.

 

Unha vez pintadas, da cor acordada polo equipo, probamos estampalas nunha folla en branco... conseguimos uns efectos visuais moi curiosos.

 

Coas estampacións montamos unha exposición no noso museo.

 

Cando rematamos deixámolas a secar, había follas de diferentes tamaños e formas.

 

Xa secas fómolas pendurando da nosa árbore da aula e a medida que o profe as ía pendurando, tiñamos que ir debuxándoas nun papel... contamos cantas había de cada cor para comprobar se se correspondía coa cantidade de follas que tiñamos debuxadas.

 

SEMENTAMOS UNHA LANDRA:

Lembras que contamos noutra entrada anterior que estivemos no parque arqueolóxico celebrando o magosto?... pois alí atopamos unha landras que trouxemos ó colexio.

Mirando este vídeo de como nacían as árbores, coas que estabamos a traballar, descubrimos que a semente que aparecía era unha landra, que se convertía nun carballo (roble) 

 

Decidimos probar se as nosas landras medraban ata convertirse nun pequeno carballo... que logo plantaríamos no patio.

Decidimos plantar só catro das landras que tiñamos... calculamos cantas sobraban e cantos de nos podíamos plantalas se só o faríamos con catro.

 

Por sorteo fomos metendo as catro landras na terra, para que estivese igual que se podía ver no vídeo.

 

Despóis de regala, tan só nos queda agardar e ver se se convirten en carballos.

 

Plasmamos o proceso de transformación da landra en carballo, para poder comparalo cando medrase e se convertise nunha árbore.

 

XOGANDO A PENSAR CUNHA SECUOIA: "FILOSOFANDO"

Unha das cousas que máis nos gusta facer na aula é xogar a pensar, establecendo diálogos filosóficos a partir de vídeos, contos ou imaxes... Nestes caso partimos dunha das imaxes de árbores que tiñamos na nosa exposición (que xa vos contamos nunha entrada anterior), estamos a falar desta:

 

Afondamos no desenvolvemento dos nosos "pilares de pensamento" establecendo diálogos sobre o que sucedía na imaxe: por que está así a árbore? era necesario facelo? que sentiría a árbore? a que cheirará na imaxe?....

Tamén desenvolvimos as nosas habilidades motrices dramatizando a "tala de árbores" e como fixeron o burato na secuoia para facer a carretera.

 

O leñador coa motoserra fixo que tódalas árbores acabasen polo chan... falamos sobre "que sucedería agora no bosque", que pasaría cosa animais?, tería solución?

 

Tamén nos convertimos na Secuoia da fotografía e ata os coches comezaran a pasar polo "burato no noso tronco"... como nos estabamos a sentir?

 

Finlamente plasmamos sobre unha imaxe en branco e negro como nos imaxinabamos que podía ser a secuoia no noso bosque.

 

Incluída a carretera e o burato que o atravesaba. 

 

Continuaremos a "xogar a pensar" na nosa aula e xa o iremos contando en futuras entradas.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.