Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Xogamos a pensar coas películas de Chaplin durante a nosa investigación

Podes ver as entradas publicadas anteriormente sobre este proxecto de traballo e investigación, nas seguintes ligazóns:

27/11/14:  Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película 

5/12/14: Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin

 

Á vez que imos elaborando o noso dosier coas respostas que xa descubrimos sobre Charles Chaplin, que podes ver nas ligazóns anteriores, aproveitamos para "xogar a pensar" coas diferentes películas que fixo, que temos no apartado de vídeos do noso recanto de infantil. 

A medida que fomos visionando os diferentes vídeos, ó longo de varios días, fomos rodeando o fotograma que lle correspondía dunha cor concreta. Nalgúns casos a imaxe impresa saía o comezo e noutras ó final da película.

 

Con cada película "xogamos a pensar" (filosofía para nenos) a través de diálogos, con preguntas que o profe foi facendo para desenvolver as "nosas habilidades de pensamento".

Velaquí vos amosamos algunhas das ideas que foron xurdindo, dos diferentes diálogos, co visionado dos fragmentos de cada unha das películas que fomos descubrindo na nosa investigación.

 

O NENO - EL CHICO:

  • A roupa está rota porque é antiga como cando fixemos as fotos en branco e negro

  • Rompeulle porque se caeu, non era antiga que é nova

  • Está rota porque a rompeu porque era vella, pero non antiga.

  • Creo que o policía lle pregunta que está a facer.

  • Non, estalle berrando por tirar pedras ó cristal

  • Non ten cara enfadada de estar berrando .

  • Seguro que o neno lle dixo que el non fora quen rompeu o cristal, díxolle unha mentira por eso non ten cara de enfadado

  • Seguro que lle vai a poñer unha multa

  • E levalo ó calabozo

  • Chaplin é o “arreglador” de ventanas  e páganlle por facelo

  • A señora está pagándolle unha moeda

  • Por que non lle berra Chaplin ó neno cando se atopan?

  • Porque non sabe que rompeu o cristal

  • Si que o sabe que seguro que llo contou o policía

  • Non lle berrou, aínda que o sabe, porque é moi pequeno

  • Aínda que sexa pequeno si se lle pode berrar se fai algo mal

  • Non lle pode berrar porque na película non se fala

  • Pero aínda que non falen podería poñer cara enfadada

  • Non lle berra porque estaban dacordo o neno rompía os cristais para que logo Chaplin os arreglara

  • Claro era un fraude… e estaban dacordo, por iso ó final marchan xuntos.

  • Pero o policía si entera ó final cando os ve xuntos.

  • Por eso marcha correndo detrás deles.

 

 

LUCES DA CIDADE

  • A chica traballa vendendo flores á xente, para ter cartos.

  • Esta cega e non pode ver, por iso toca todo coas mans.

  • Necesita os cartos para poder “arreglar os ollos”

  • Seguro que cos cartos vai a comprar unhas gafas para ver

  • Con gafas tampouco vería, seguro que quere operarse e ten que pagar a operación.

  • Está cega porque se lle caeron as lentillas.

  • Non, é cega porque non pode ver, por estar vendo a tele moi preto

  • E por ver moito a tele, que mo dixo a miña nai, seguro que a súa nai non llo dixo.

  • Como comeu moito quedou cega

  • Está cega porque é asi e xa está.

  • Para comunicarse coa xente pode faltar, e todos a entenden, pero necesita axuda.

  • Si para coller algunhas cousas…

  • Non necesita axuda, pode collelas ela soa do chan tocando coas mans…

  • Chaplin a axuda..

  • Si pero porque está enamorado e quere ser o seu mozo por eso axuda.

  • E logo lle tira auga enriba porque non sabe que está alí, e non pode velo.

  • Non tiroulla para regarlle a flor que ten na chaqueta, que lle deu ela.

  • Pero non pode ver, como sabe que está alí.?

  • Tirou a agua para regar as outras flores pero equivocouse por accidente.

  • Claro,  non se enfada porque como sabe que está cega non foi a propósito.

  • Chaplin marcha sen facer ruido para que ela non se entere que lle tirou a auga…

  • Porque se se  entera se poría moi triste

Dramatizamos e representamos escenas da película, falando sobre a diferencia de "ver ou non ver", para o que vendamos os nosos ollos.

 

Somos uns grandes actores, non si?... imos quentando motores para a nosa película, que faremos ó rematar a investigación.

 



TEMPOS MODERNOS

  • Hai ovellas porque están fora e arriba está a fábrica e o dono das ovellas está dentro.

  • Hai unha ovella negra no medio porque é distinta, e non quere facer como as outras

  • As ovellas van igual que os humanos, andando, parecen como se fosen as persoas que van a traballar todas xuntas.

  • O presidente da fábrica e o xefe e manda.

  • Si, dile ó señor sen camisa que suba a velocidade.

  • Para que traballen máis rápido, e fagan máis cousas

  • Aínda que se cansen, non lle importa ó xefe

  • O xefe non traballa, so manda facer as cousas ós demais.

  • A xente faille caso porque el é quen lle paga por traballar e é o que manda

  • Si o xefe quere que traballen moi moi rápido para facer moitas cousas e ter máis cartos e ser rico.

  • Chaplin síntese triste, serio, cansado, molesto coa mosca, nervioso, enfadado e molesto.

  • Gérralle porque non deixa traballar ós demáis tan rápido como quere o xefe por “facer o parvo”.

  • Si está atascandose a máquina pola súa culpa e os demáis non van a poder traballar ben.

  • Cheirará a fume de carozo, madeira, ferro, a tornillos que cheiran mal a sudor da xente que esta traballando tan rápido.

  • Fuma no baño escondido, pero o xefe bérralle porque está perdendo o tempo.

  • Pero Chaplin quere descansar, non tería que berrarlle senón dicir que traballen máis despacio

  • O xefe esta portándose “fatal”  e seguro que sen van a enfadar con el tódolos traballadores, porque non os deixa descansar

  • E están aburridos de facer sempre o mesmo traballo

  • Debería deixar que tiveran “recreo” para descansar, e xa traballarían despois.

  • Todos non se van a enfadar, sólo Chaplin, porque é distinto.

  • Si como a ovella negra, que era distinta das outras.

  • Non me gustaría traballar alí porque cheira mal.

  • A min non me gustaría traballar alí porque o xefe é malo e manda moito

  • E seguro que nos castigaría.

  • A min si, porque podería coñecer a Chaplin que é moi divertido.

 

A QUIMERA DE OURO:

  • A película chámase así porque Chaplin quere ter ouro , e con esa película seguro que gañou moito ouro.

  • Come o zapato porque quere probar como sabe.

  • Seguro que é italiano e a súa comida é así de rara.

  • Cree que é un pastel.

  • Non, seguro que pensa que é un peixe, e lle está quitando a pel e as espiñas

  • Pois a ver agora como fai, se come o zapato ten que andar descalzo.

  • Sinte frío nun pe porque anda descalzo

  • E vaise poñer enfermo seguro, con tos e fiebre

  • Creo que come o zapato porque non ten outra comida

  • Non pode comprala porque non ten cartos

  • Seino porque mira, ten o calcetín roto e non pode comprar outro, así que tampouco pode comprar comida

  • Igual non compra comida porque non hai un supermercado no seu pobo

  • Pois que vaia a unha tenda, que seguro que había “nos tempos antigos”

  • Seguro que soña con ter moita comida para non comer zapatos

  • Imaxina que está comendo outra comida, por iso está contento.

  • E ou seu amigo está triste porque si “ve a realidade” que é un zapato

  • Imaxina que os cordóns son spaguetis.

  • O seu amigo pensa que Chaplin está tolo.

  • Si porque el sabe que é un zapato.

  • Non creo que esté tolo, sólo que imaxina cousas e así é feliz

  • O zapato sabe mal, a sudor, a “caca”, a alpaca, a cemento.

  • Chaplin síntese feliz porque “imaxina que é comida”, pero o seu amigo, que “non sabe imaxinar” está triste.

  • Creo que é unha película triste.

  • Non, é alegre porque Chaplin soña con ter “ouro” e seguro que con tantas películas que fixo ó final conseguiu comer de vedade.

  • O que pasa na película non é de verdade, Chaplin é un actor, e viviu en moitos sitios.

  • Si porque o investigamos.

Neste caso tamén probamos a "comer como Chaplin"... imaxinando en que comida se podían convertir os nosos zapatos.

 

Estaban deliciosos ;)

 

 

EL GRAN DICTADOR

  • Un dictador é un chico que quere mandar sempre

  • Como un xefe?

  • Non, moito peor… quere mandar, pero a xente non quere que mande.

  • Si un dictador pode facer o que lle da a gana

  • Un dictador e malo “como un demo”.

  • César era o xefe dos romanos

  • Os romanos fixeron as pontes e luchaban contra Asterix, e eran malos.

  • No todos eran malos, solo César que era emperador.

  • Seguro que era un dictador, e Chaplin quere ser como el para poder mandar en todo o mundo.

  • Pero ó final vaille explotar…

  • Porque estivo xogando con el, agora “que se busque a vida”.

  • Di “mi mundo” porque quere xogar con el.

  • Menos mal que non é o planeta de verdade senón estouparíamos todos tamén.

  • Pero el quere mandar tamén no mundo de verdade, por eso xoga co globo poque o mundo de verdade é moi grande.

  • Con unha grúa igual podería collelo.

  • Non, é máis grande en on podería ningunha grúa, nin siquiera con 50.

  • Ten unha risa de malo, eu tamén sei facela.

  • Os dictadores mandóns seguro que están sempre ríndose así.

  • Non, a xente á que manda seguro que non se ríen, chorarán así.

  • Síntese malvado, triste porque está só, feliz, mandón.

  • Cando lle explota o “mundo” síntese triste, mareado, dolorido, vagabundo, enfadado, asustado.

  • Eso pásalle por xogar co mundo e querer mandar tanto, agora xa non ten nada.

  • Os globos duran pouco e hai que tratalos con coiado.

  • Si pero o de Chaplin era o mundo, e había que tratalo aínda con máis coidado.

  • Que se aguante por ser tan mandón, agora que vaia chorando a pedir outro.

  • Eu non lle penso deixar o meu.

  • Nin eu tampouco que mo rompe.


Tiago convertiuse no "gran dictador" como Chaplin...

 

Dramatizando, coa axuda dos outros os movementos que se observaban na película

 

Ata que finalmente estoupou... menos mal que o noso globo era só iso e non o mundo ;)

 

 

O CIRCO:

  • Entrou na gaiola porque o persegue un burro, pero non sabía que dentro había un león.

  • Non pode ser un burro, porque non da medo que te persiga,  seguro que era un cabalo.

  • Seguro que era un burro pero Chaplin pensaba que era un tigre, por eso escapa correndo.

  • Non pode saír da gaiola porque a pechou sen querer.

  • Dase conta de que non pode saír cando intenta abrir a porta pero non pode.

  • Ten que buscar unha solución.

  • Pero non pensa unha solución porque ten medo do león.

  • Aínda que non fala, si pode escoitar e está escoitando ó león como ronca mentras durme.

  • Síntese triste, enfadado, asustado, moi moi asustado, angustiado, con moito medo.

  • Porque pensa que o león o pode comer se desperta, por eso anda moi amodo e en silencio.

  • Como non sabe que na outra porta hai un tigre desperto leva un susto.

  • Está máis austado co tigre que co león, porque está desperto.

  • Pensaba que era unha saída pero era unha trampa.

  • Colle a bandexa porque se cae ó chan fai ruido e pode despertar.

  • Non fai ruido porque non poden falar e non se escoita o que din.

  • Da igual que non se escoite cando cae algo ó chan fai ruido.

  • Si porque a película e muda, porque a fixeron así, pero na realidade si faría ruido.

  • Cando chega o can e comeza a ladrar sinte medo de que esperte o león

  • Por eso o manda calar, menos mal que chega a chica

  • A chica desmáyase porque ve ó león.

  • Sente medo, terror, está triste por Chaplin que é o seu mozo, porque é a mesma chica da outra película, pero agora xa non é cega.

  • Seguro que se curou.

  • Non, o que pasa e que son actores e o que contan non é de verdade.

  • Queda quieto como unha estatua para que non o ataque.

  • Como non lle fixo nada está “moi chulito”

  • Si agora, xa non ten medo porque sabe como facer que non lle ataque.

  • Ademáis como está a súa moza diante quere “chulearse”.

  • Cando lle axuda a saír marcha correndo porque ten medo.

  • Quería impresionar á chica pero saiulle mal.

  • Síntese contento porque non está dentro da gaiola co león, está alegre e xa non ten medo.

 

Continuamos a nosa investigación moi pronto poderemos contarche como vai o proceso, e que novas preguntas imos respostando.

Lembrade que se tedes algo que contarnos sobre Chaplin, podes facérnolo chegar por e-mail a infantilcampolameiro@gmail.com

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.