Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Seguimos con Chaplin

Compaxinándoo con moitas outras propostas e actividades, seguimos averiguando cousas sobre Chaplin e traducíndoas de diversas maneiras.

Na web do cole temos algunhas das súas películas máis representativas e visionamos cada un dos videos, establecendo posteriormente diálogos sobre elas e a nosa intuición sobre o que acontecía pois moitas son en cine mudo.

Ademáis temos un  libro enorme, como unha enciclopedia onde saen fotos de moitas das súas pelis.

          

Ademáis de ir anotándoas no noso mural do proxecto e nos dossieres individuais.

        

Esta semana dramatizaremos cos nosos equipos varias escenas destas pelis.

Pero andivemos a dramatizar unha escena que nos gustou moito "El baile de los panecillos", da película "LA QUIMERA DE ORO"

                      

baile no que utilizaba dous panes e dous tenedores como si fosen as súas pernas.

Nós tamén fixemos o baile pero tiñamos algúns elementos máis para elexir: pan de leite, limóns, patacas, zanahorias.

        

     

Os videos  que grabamos os utilizaremos para o noso corto así que xa nos veredes en acción!

 

Ademáis observamos moitas imáxenes en internet, nos libros e nas fotocopias traídas de casa, de retratos de Chaplin con distintas expresións da cara, xa que no cine mudo eran importantísimas.

Tentamos imitalas, co noso gorro e bigote de Chaplin, tod@s os que quixemos nos fotografiamos e con elas  montaremos un enorme cadro en homenaxe ao noso investigado.

 

Tamén nos centramos nalgunhas esceas da película "El chico", levando a cabo algunhas sesións de "filosofía para nenos" establecendo diálogos sobre aspectos da vida.

 

ESCENA "CHAPLIN ATOPA O BEBÉ NO CHAN"

                 

¿POR QUÉ MIRA PARA ARRIBA CHAPLIN CANDO VE O BEBÉ?

-Para non mirar ó bebé e marcharse pero non o conseguiu.

-Porque pensou que o tiraran de arriba.

-Porque seguramente quería quedarse con él e se puxo a pensar qué podía darlle de comer.

-Para ver se había alguén arriba.

 

¿POR QUÉ ESTABA O NENO NO CHAN?

-Porque a súa familia o abandoou, porque xa era un pouco maior. Xa crecera algo.

-Porque seguramente o quixeron abandoar, para non ter un fillo xamáis.

-Lo envolveron e o abandoaron porque non tiñan suficiente comida para a familia.

-O porque se destruiu a casa e mentres o bebé se arrastrou ata que Chaplin o atopou.

 

¿É O MESMO ATOPAR QUE DESCUBRIR?

-Atopar quere dicir descubrimentos.

-Descubrir é atopar cousas.

-Nooon, descubrir é investigar, por exemplo, buscar cousas sobre insectos.

-Atopar é atopar cosas, por exemplo, Fran perdeu un tornillo y eu o atopei.

-Pois eu descubrín que na miña casa está enterrado un tiranosaurio. O descubrín excavando.

 

¿QUÉ SE FAI CANDO SE ATOPA ALGO?

-Collelo.

-Quedarte con él si che gusta.

-Se alguén atopa un óso de dinosaurio o leva a un museo con coidado.

-Se son importantes se levan a un museo, senón te quedas con elas.

 

¿PENSADES QUE A CHAPLIN NON LLE GUSTA O NENO?

-Non lle gusta, porque o quixo deixar co outro bebé.

-Non lle gusta, porque o ía tirar polo sumideiro.

-Nooon, que non o quería tirar!

-Sí que lle gusta o neno porque o tapaba coa mantiña.

-Sí, porque se parecía a él.

-Chaplin pensaba que era da outra señora que tiña o bebé pero non e por iso levouno con él.


     

              O BEBÉ SE  CHAMA  JHON

            

¿POR QUÉ TEMOS UN NOME?

-Porque cando nacimos nos puxeron os nomes.

-Porque sinon non saberíamos quen son os nosos amigos.

-Porque cando nacimos, os pais pensaron os nomes para que nos coñeceran as persoas.

-Tamén cuando te perdes, te poden chamar polo teu nome, berrando, para atoparte.

 

¿QUÉ PASARÍA SE NON HOUBESE NOME PARA AS PERSOAS?

-Non nos coñecerían.

-Non saberíamos cáles somos. Quen é cada un.

-Teríamos que sinalar sempre para saber a quén falamos.

 

¿QUÉ PASARÍA SE NOS CHAMARAN POR UN NÚMERO EN VEZ DUN NOME?

-A cidade sería de números.

-Non me gusta, porque non me gusta ser un número.

-Nos porían unha tarxeta para recoñecer o noso número, e non me gustaría.

-Pois a mín sí me gustaría. É divertido.

    

ESCENA NA QUE CHAPLIN DOBRA UNS TROZOS DE TEA MENTRES O NENO CHUPA O BIBERÓN

                     

-Está bebendo leite.

-Dun biberón.

-Non, é unha teteira, pero é como un biberón.

-Está colgada por unha corda, para que non lle caia enriba.

-É para poder beber cando queira.

 

¿ QUÉ FAI COAS TEAS?

-Está facendo mantiñas.

-Secándoas.

-Son para tapar ao bebé.

-As está cortando para facer babeiros.

-Eu creo que son pañales.

OS XESTOS QUE LLE FAI AO BEBÉ DE QUÉ PODEN SER (LLE BICA OS PÉS, LLE FAI CÓXEGAS..)

-Lle fai cosquillas, se ríe.

-O fai de broma.

-O bica para que non teña frío nos pés.

-Tamén son xestos de coidado. Porque o quere.

¿PODEMOS TER CARIÑO AOS OBXECTOS?

-Non, porque as cousas non son humanas.

-siii, eu quero aos meus canciños, teñen pelo e son como canciños de verdade.

-Sí, porque si rompeos algo da nosa casa, nos quitan todos os xoguetes. E eu lle teño cariño aos meus xoguetes.

SE PARECE A VOSA HABITACIÓN Á DE CHARLOT E O BEBÉ?

-Non, a miña é nova. Esta está moi vella e sucia.

-A miña é máis bonita.

-A miña é moi guapa, esta non.

-Na miña hai osiños e miles de peluches e na do neno non, porque son moi pobres.

 

VOS SEGUIREMOS CONTANDO!! Rindo

     

     

  

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.