Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Sementamos e facemos batidos de fresa seguindo a receita.

Este mes tocábanos sementar rábanos e fresas e os responsable delas sería Tiago e máis Diego.

O primeiro como sempre foi observar e manipular as sementes, descubrimos que as de rábanos e moito máis grandes que as das fresas, e de seguido caímos na conta que as marcas pequeniñas que tiñan as fresas eran as súas sementes.

 

Plantamos ambas sementes nas súas respectivas macetas e elaboramos tanto o panel de cada unha, como a corresondente folla do dosier.

 

Deste xeito a nosa ventá ten xa oito plantas distintas, e as que quedan aínda.

 

Cada un dos encargados trouxo da súa casa información sobre as fresas e os rábanos, e de tódalas ideas que xurdiron do diálogo propuxemos por que non facer na clase un "batido de fresas".

E así o fixemos, o primeiro foi escribir unha listaxe de ingredentes para poder facer un batido de fresas

 

E por suposto escribimos tamén unha nota para pedir nas nosas casas se podíamos traer fresas á clase, para facer o batido.

Coas que fomos traendo enchemos un enorme recipiente, que metimos na nevera da sala de mestres ata que fixeramos o batido, non sen antes escribirlle un letreiro de aviso, para que ningún mestre as comese... que xa sabemos que son uns lambóns ;)

 

Cando demos xuntados tódolos ingredientes e utenlisios da nosa receita, chegou o momento de facer o batido. Pero o primeiro foi comprobar que todo estaba correcto, e debatir sobre "que cantidade de fresas", de leite e azucre iamos empregar en cada equipo. 

Estivemos falando sobre como se podia poñer unha medida para as fresas, porque non todas eran iguais, e acordamos que podíamos pesalas e anotar o "número" que marcaba, que o profe nos dixo que se chamaban gramos. Para a leite tivemos que debatir un anaco porque non podíamos pesala porque "caería por fora", pero si poderíamos usar os "números escritos" no bote da batidora, que agora sabemos que se chaman "mililitros". Para o azucre acordamos contalo por culleradas.

 

Plasmamos toda esta información na nosa receita.

 

Tanto os ingredentes, coa súa cantidade.

 

Como o proceso de elaboración... agora xa estabamos preparados para facer os nosos batidos.

 

Cada un dos equipos cooperativos, tivo que falar para acordar como se ían organizar, e que funcións asumiría cada un no proceso... porque todos tiñamos que facer algo e estar dacordo. 

Ademais había que ir "pesando" as fresas e medindo o leite e o azucre, ata chegar ás medidas indicadas na receita... e non era tan doado de "atinar coa cantidade exacta"... pero demos feito o traballo coas ideas de tódolos integrantes do equipo.

 

Unha vez pesadas xa podiamos botar o leite, ata a medida acordada, por suposto as fresas, na cantidade exacta que pesaramos na báscula.

 

Botar o azucre foi máis doado, tan só había que contar a cantidade de cullaradas que indicaba a receita.

 

Despois de darlle o botón, cada equipo conseguiu facer uns batidos deliciosos...  probámos as creacións de cada equipo e cada quen decidiu cal fora o que máis lle gustou, e desfrutamos deles durante a hora da merenda.

 

Finalmente a todos e todas o que máis nos gustou foi o que fixera o seu propio equipo, que casualidade, non si?

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.