Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Continuamos coas prantacións e facemos batido de fresas

Continuamos coas prantacións, ademáis de participar no mantemento das mesmas, e na observación do seu crecemento, engadindo prantacións novas.

Roi encargouse de prantar  fresas e Lara, rábanos.

  

Coma sempre facemos, eles fixeron buratos na súa maceta, botaron a terra e as sementes, observando que nesta ocasión eran moi diferentes, a de rábanos moito máis grande que a das fresaas, e regaron.

              

Tamén rexistraron no seu dossier a súa prantación e na cartulina para o mural.

Ademáis nos trouxeron información sobre estes alimentos.

Na clase os probamos e a case todos nos gusta a fresa pero o rábano en cambio a moi poucos.  

Pero....e o batido de fresas?? Gustaríanos igual que a fresa? A profe propúxonos facer batidos na clase..e  por suposto..aceptamos encantados..Aceno

Despois de dialogar sobre os ingredientes que serían precisos para elaborar a receita, completamos unha nota para casa pedindo unhas pouquiñas fresas, 5.

         

  O día que elaboramos o batido, xa con todos os ingredientes: fresas, leite, azúcar e a batidora,  falamos dos pasos que seguiríamos e das cantidades necesarios, escribíndoo todo nunha receita común,

e tamén nunha receita individual na que anotamos só as cantidades de cada cousa.

200 gramos de fresas por neno

2 cucharillas de azúcar por neno

1 vaso de leite por equipo

           

E comezamos, xa organizados nos equipos, a elaborar os batidos, seguindo os pasos establecidos.

-Pesar as fresas, cada neno/a os 200 gramos.

 

-Sacar a folla á fresa, lavala e cortala pola metade.

 

-Mezclar todos os ingredientes na batidora: as fresas, o vaso de leite e o azúcar.

e a  accionar o  botón para  triturar todo!

  

  

E por último, probar o noso super batido, que á maioria nos encantou!!

   

        

E por suposto, despois de saborear o noso batido, cada equipo encargouse de recoller e limpar no seu recanto de traballo.

Ademáis outro día pintamos coa témpera a metade dunha fresa para estampala no outro lado, doblando o folio polo medio, e así conseguir a outra metade que faltaba.  (e así reforzar este concepto).

                         

 

Ademáis, noutras sesións, seguimos a experimentar e crear con algúns dos elementos que prantamos, como cos feixóns, que cada quen fixo a súa composición.

Deixade voar a vosa imaxinación porque algunhas son moi abstractas...

         unha  cara                                                                               piscina

burato negro                                                                             casa

comida para os animais

 

O próximo mes teremos catro prantacións, vos iremos contando!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.