Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Os últimos experimentos do trimestre

 

Algúns experimentos máis que fixemos na aula, e  en torno  aos cales elaboramos hipóteses e teorías sobre o proceso e sobre as causas unha vez levado a cabo, foron:

-O vaso pegañento

Consistía en, unha vez enchido un vaso con auga, tapalo cunha cartolina e tentar darlle a volta ao vaso e ver qué sucedía.

así que ahí vai o intento....e...

   

            

pois  sí! sucedeu o que vedes na foto, a auga permanecía dentro do vaso sin caerse durante un bo rato, a pesar de estar boca abaixo, debido a que a cartolina se pegaba ao vaso pois a presión atmosférica de fora tiña máis forza que a de dentro do vaso, empuxando e facendo que se pegase.

 

-A semente oculta

Cada equipo meteu en algodón húmedo unha semente (feixón, lentella, garbanzo..)

   

e logo meteu o algodón dentro dunha caixa de cartón, e tapouna.

                         

 

Previamente á caixa fixémoslle un buratiño nun lado.

               

Os diálogos neste caso xiraron en torno á hipótese de qué lle sucedería á pranta estando oculta na caixa, con tanta oscuridade.. a maioría pensamos que non sucedería nada, é dicir, a semente non xerminaría debido á falta de luz.

E ó cabo de un par de semanas...averiguamos que...por moi pouca luz que haxa pode ser suficiente para que xermine e creza a semente, que orientará de cara á fonte de luz, é dicir, o burato.

 -O reloxio pataca

Joaquín, de infantil 2 quixo contarnos en qué consistía este experimento, que inicialmente podía parecernos difícil de levar a cabo, pero que finalmente todos conseguimos facer.

    

Como vedes na foto, precisamos bastante material: 2 tornillos, 2 moedas, 2 patacas, varios cables, un reloxio dixital, unha pila e un voltímetro.

Como primeiro paso comprobamos   que o reloxio dixital funcionaba se colocábamos cada un dos cableciños do reloxio nun dos lados da pila, o negativo e o positivo. Pegamos cada un deles con celo para que non se soltase e efectivamente o reloxio daba a hora. 

             

Probamos logo poñendo as patacas, e non funcionaba, pois, pensamos, as patacas non poden dar electricidade.

Pero coa explicación de Joaquín quedounos claro que si levábamos a cabo unha serie de pasos, as patacas cargaríanse de electricidade convertíndose en pilas para o reloxio...pero por qué?

Algúns compañeiros o achacaron a que a pataca ten auga e a auga conducía a electricidade a través dos cables ata o reloxio.

Así que puxémonos a montar o noso reloxio pataca.

Tiñamos que meter unha moeda e un tornillo en cada pataca e logo unir un dos cables un lado ao tornillo dunha pataca e o outro lado á modeda e cos outros dous calbes conectalos por un lado ao tornillo co reloxio e o outro á modeda co reloxio.

Debido a alcalinidade da pataca, facendo estas conexións cos cables e co tornillo e  a moeda (o cobre e o cinc) producíase unha reacción oxidación-reducción, que facía que as patacas producisen electricidade durante un tempo determinado.

  

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.