Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Isto aconteceu no mes de abril.

Á volta das vacacións de Semana Santa, cambiamos os equipos cooperativos, para así ter a oportunidade de traballar e relacionarnos máis estreitamente con outros compañeir@s.

Así, agora somos os seguintes equipos:

            

"prantas carnívoras"                "alquilosaurios"

 

        

  "flor conejo"                             "invicimals"

 

-Creamos un mural da primavera 

Coa nova estación, a primavera, aproveitamos para saír polo patio do cole a fotografiar as flores que naceran.

Nos agrupamos por un lado, os de 3 anos en dous equipos, por outro os de 4 anos e por outro os de 5 anos e compartindo en cada equipo unha cámara, fotografiamos natureza e cor.

 

         

Con todas as fotografías que fixemos, ademáis de miralas na pizarra dixital, algunhas delas as imprimimos e recortamos para pegar nun mural moi colorido que fixemos entre todos.

Este mural co que decoramos a porta, 

    

o fixemos pintando con témpera mentres escoitábamos "A primavera" de Vivaldi, con pinceladas máis suaves ou máis rápidas e bruscas en función de cómo soase a música. Mentres uns pintábamos outros escoitábamos e bailábamos ó son da música.

Así foi cambiando a nosa obra...

    

 

 

Despois engadimos flores de cores que debuxamos ou pintamos, algunhas fotos de flores que fixemos no patio

         

e outras moi especiales nas que saíamos cada un de nós facendo de tronco de árbore, as que unha vez impresas, slle engadimos as follas pintándoas nós. Atopades algunha no mural de arriba? Fixádevos ben!

Estas son as fotos que nos fixemos, tratando de representar os troncos e ramas das árbores.

               

(Estamos pendientes de facer un xogo de tarxetas de memoria con estas fotos).

 

Ademáis aprendimos unha poesía moi simpática sobre a primavera, que recitamos por parellas:

-Buenos días, mariquita.

-Buenos días, caracol.

-¡Qué lindo día!

-¡Qué lindo con tanto sol!

-Primavera está llegando.

-¿primavera? Ya llegó.

-Adiós mariquita linda.

-Adiós caracol col col.

 

Esta poesía e moitas outras as recitamos xunto cos compañeir@s de Infantil 2 na carballeira do pobo o día 20, tendo a sorte de contar coa asistencia de moitas familias.

O fixemos para conmemorar o día do Libro (23 abril).

   

O día 23 algunhas nais animáronse a vir á escola a contarnos contos e facernos lecturas.

  

Minia, a nai de Álvaro contounos un conto dun pirata.

A nai de Raúl e Martín tamén nos contou un desplegable de medo.

 

E Aroa e a súa nai, léronnos unha historia sobre a caída dos dentes.

 

E seguimos con celebracións; uns días despois desfrutamos no cole dunha sesión de Contacontos moi divertida.

Contáronnos algúns contos coñecidos por todos como "O coelliño branco" ou "Unha eiruga moi larpeira", e outros que non escoitáramos antes.

 

-Visítannos na aula.

Por un lado, dous compañeiros de primeiro viñeron á nosa aula para levar a cabo unha enquisa sobre os gustos de cada un, tendo que elixir entre varios xogos para os momentos de ocio.

   

e anotando as nosas respostas para logo elaborar unhas gráficas nas que se verá cáles son os xogos que máis gustan aos nenos e nenas do noso cole.

     

 

E por outra parte, os alumnos de 6º, xunto coa mestra de música, Merce, viñeron a tocar para nós unha canción moi especial dun pirata, na que tamén participamos cantando e na que axudamos a elaborar parte da letra, previamente.

  

Qué  atentos estabamos!

   

   

Cómo desfrutamos! Tendes que vir máis veces rapaces!!!

Como sabedes, neste mes andivemos moi atarefados coa preparación e rodaxe da curtamentraxe

  

No corredoiro tiñamos o noso calendario do mes, coa participación de cada un ben organizada, e tiñamos que acudir a él para saber a quén lle tocaba cada día. E mentres, nun ratiño algúns traballaban na peli, outros nos organizabamos por recantos compartindo algúns xogos entre as dúas aulas.

         

 

-Intercambios

Neste mes, algunha sesión dos intercmabios a adicamos a traballar na película, aínda así traballamos tamén noutras algúns conceptos.

     

   

As cantidades, tirando os dados e colocando tantas pedras como puntos, para ó final da sesión sumar todas as tiradas de cada un e ver quén acadou máis pedriñas.

   

  

As decenas ata o 100, contando de 5 en 5, de 2 en 2, buscando cantidades..

  

Trazando as letras que se traballan semanalmente no muro, localizándoas en palabras...

Contando contos, cantando e bailando.

Ata pronto!

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.