Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Visítannos os compañeiros da Galiña Azul

Esta semana recibimos a visita dos compañeiros da Galiña Azul, que o vindeiro curso, estarán nas aulas de Infantil, e qué mellor que ir coñecendo un pouquiño a que será a súa escola.

A través de fotos, os coñecimos, soubemos os seus         nomes e decidimos qué equipo se encargaría de "apadriñar" a cada neno/a e confeccionaría un agasallo para él.

Así, organizados en equipos cooperativos, cunhas teas, confeccionamos un marco de fotos,

na que ese mesmo día, pegamos a foto de grupo que nos fixemos todos xuntos.

Chegado o día, os recibimos a eles e as súas profes Begoña e Sonia, con moitísima alegría.

Os compañeiros de Infantil 2 encargáranse, momentos antes, de ir a coller algún material do pabellón que utilizaríamos en xogos con eles, como o paracaídas e uns balóns.

Así que despois de facernos a foto de grupo, desfrutamos duns xogos co paracaídas.

Ó rematar subimos a coñecer algunhas das aulas, como a de música e  a biblioteca onde algúns compañeiros lles explicamos todas as cousas que facemos nelas.

Xa na aula tamén vimos fotos dalgunhas actividades feitas ó longo do curso, explicándolles en qué consitiron.

E como remate, cada equipo, xunto co neno "apadriñado", pegaron a foto no marco, ademáis de aproveitar os últimos minutos compartindo algúns xogos.

De momento lles desexamos un estupendo verán aos nosos futuros compañeiros e nos veremos pronto rapaces!!

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.