Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) De novo na aula: reencontrándonos e coñecéndonos

Comezou un novo curso e chegou o momento de reencontrarnos cos antigos compañeiros e compañeiras, e de coñecer a aqueles que se unen á nosa aula, e que desde agora xa forman parte do noso grupo.

Nestes primeiros días, explorarmos tódolos recunchos da aula, descubrindo,  coa axuda dos máis veteranos, todo o que se pode facer na nosa aula.

 

Compartimos xogos cos novos compañeiros para coñecernos mellor.

 

Reencontrámonos con antigos amigos...

 

E descubrimos ós novos que acababan de chegar.

 

Parecía que nos coñecesemos de toda a vida ;)

 

Participamos nas primeiras asembleas para ir coñecéndonos mellor... Estivemos tantos días sen vernos que tiñamos moito que contarnos uns ós outros.

 

Voltamos a reencontranos co co patio dos columpios... alí seguían todos, tal como os deixáramos en xuño. Menos mal!!!

 

Mostrámoslle ós novos compañeiros e compañerias como funcionaba a mesa de luz... Quedaron impresionados!!, e por suposto encantados ;)

 

Lembramos como funcioanban os diferentes rexistros e rutinas da aula, por exemplo a do encargado, que este curso está "dentro da nosa árbore".

 

Inciamos a nosa "carreira do tempo"... Voltará a gañar a choiva este trimestre?

 

E como non, actualizamos o libro dos cumpreanos, coas fotografías dos novos compañerios e compañeiras. Por suposto tamén o fixemos no noso calendario online.

 

Deseñamos como queríamos pintar os novos casa e colexio, para pegar as tarxetas dos nosos nomes.

 

E coa decisión xa tomada, fomos a buscar o material e as cores que precisaríamos, para poñernos mans á obra.

 

Organizándonos e traballando xuntos demos rematado o traballo axiña.

 

Agora xa podemos empregar o rexistro para saber cantos están na casa ou no cole cada día, que por suposto tamén facemos no noso calendario online.

 

Pero aquí non queda todo... aínda pasaron outras moitas cousas nestas primeiras semanas, que deron para moito. Contámoscho na seguinte entrada deste blogue.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 2 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras