Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) E ademais.... no mes de outubro sucedeu todo isto

Ó longo deste mes de outubro, ademais de todo o que podedes ver nas diferentes entradas deste blog, tamén sucedeu todo isto na nosa aula:

 

PARTICIPAMOS NA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS:

O Equipo da Biblioteca do centro organizou un acto conmemorativo para celebrar o día internacional das bibliotecas, propoñendo de deseñáramos a nosa biblioteca ideal.

O primeiro foi visitar a Biblitoeca, que xa coñecíamos, para ver como se atopaba e imaxinar como queríamos que fose.

 

Sobre un enorme papel debuxamos un "plano da biblioteca", situando nel todo o que alí había: a porta, as ventás, as mesas...

 

Fomos coloreando os diferentes elementos que debuxáramos no plano.

 

E engadimos, ademais, todo aquelo que queríamos que tivese a nosa biblioteca: tobogáns, piscinas (de bolas e de auga), un escenario, un castelo hinchable... 

 

... e sobre todo libros. Escribimos os tipos de libros que acordamos entre todos e todas: da animais, medo, princesas...

 

De camiño á Biblioteca, onde iamos deixar o noso plano, paramos diante de Dora, a mascota da biblioteca, onde lle explicamos todo o que tiñamos no noso deseño.

 

Xa na biblioteca comentamos coa profe Susana, a responsable da mesma, todo que había no noso deseño, e chegamos ó acordo que piscinas con auga non podería haber, porque se estropearían os libros.

 

O día da conmemoración reunímonos con tódolos compañeiros e compañeiras do colexio na biblioteca, e alí colgado estaba o noso deseño.

 

LUIS encargouse de explicarllo ós demáis compañeiros e compañeiras.

 

Pouco a pouco os demais cursos foron contándonos os seus deseños, entre eles os nosos compañeiros de INFANTIL 1.

 

 

O MURO DAS PALABRAS CONVERTUSE NUN DICCIONARIO XIGANTE:

Lembrades que os cursos pasados tivemos un "muro" onde íamos pegando palabras?...  pois este ano convertiuse nun diccionario xigante.

 

Cada semana decidimos, xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, as palabras que queremos engadir que comecen coa letra da "folla do diccionario"

 

Por parellas, imprimímolas na aplicación que temos na web do cole, no recanto de infantil (podes acceder desde aquí), unha grande e un número de fotos pequenas que se indique.

 

E ímolas pegando, xunto coa palabra escrita, no enorme diccionario do corredor.

 

Deste xeito, cada semana, podemos ir engadindo novas palabas ó noso diccionario persoal, que cada un de nós comezou cando tiña 3 anos.

 

 

CONTINUAMOS A FACER O PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLITOECA DE AULA:

Cada venres continuamos a anotar, na aplicación online, usando o nos carnet QR, os libros que levamos para casa. Por parellas estivemos ensinándolles ós novos compañeiros e compañeiras como se fai para imprimir as portadas.

 

E por suposto, tamén os axudamos a anotalos no seu libro de rexistro, alomenos estas primeiras veces.

 

PROGRAMAMOS O BEEBOT:

Seguimos camiños programando o Beebot e outros moitos percorridos que houbo que programar.

 

 

CREAMOS UNS NÚMEROS XIGANTES, EN VOLUME:

Creamos uns números novos para a aula, desta vez en volume empregando "churros de papel de xornal".

 

Que pintamos dunha cor, acordada, por parellas tendo coidado de pintar "só o xornal" e non a cartolina na que estaban pegados.

 

E así quedaron rematados os novos números, que estarán pegados sobre as fiestras da aula.

 

 

CREAMOS O NOSO HORARIO SEMANAL:

Creamos o noso horario persoal, con iconas e fotografías, para levar para casa,e que as nosas familias saiban o que toca facer cada día, como nos o sabemos co rexistro do calendario e do horario que facemos cada día.

 

 

ABRIMOS AS PORTAS DO NOSO HOSPITAL DE LIBROS:

Para gardar os libros que atopemos rotos na biblioteca de aula, creamos un "hospital de libros" done poder deixalos apartados.

 

De cando en vez revisamos a caixa e, todo xuntos, arranxamos os libros que estean rotos.

 

TRABALLAMOS CO ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO, NA AULA DE INFORMÁTICA:

 

CONTINUAMOS COS INTERCAMBIOS, POR IDADES, COA OUTRA AULA:

En diferentes momentos ó longo da semana xuntámonos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas, por unha banda os de 3 anos e por outra os de 4 e 5.

Nestas sesións de intercambio, está ben o profe ÓSCAR ou ÁNGELA, e entre outras cousas fixemos:

Xogos cos monicreques.

 

O bingo dos números:

 

E ata xogamos a "ordear a serie numérica" empregando os números xigantes e a poñerlles tantas pinzas como indicadaba o número.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.