Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Abejita, Crocodilo, Beebot e Perros: estes son os nosos primeiros equipos cooperativos

Costou traballo para que todos e todas estivesemos na aula, pero por fin puidemos organizar os primeiros equipos cooperativos deste curso na nosa aula.

Cada un dos catro equipos tivo, en primeiro lugar, que debatir e poñerse dacordo en como querían chamarse.

Velaquí a decisión que tomaron:

EQUIPO "BEEBOT":

 

EQUIPO "ABEJITA":

 

EQUIPO "CROCODILO":

 

EQUIPO "PERROS":

 

Despois de escoller o seu nome, cada equipo tivo que buscar e elexir un debuxo no ordenador que os representase.

 

Para logo pegalo no panel do cada equipo.

 

Tamén tiveron que escribir o nome do seu equipo e o dos integrantes do mesmo.

 

Así quedarón os paneis de "auto-avaliación" de cada un dos primeriso equipos deste curso na nosa aula.

 

Co sitio asignado a cada un dos equipos, comezamos a facer as primeiras tarefas cooperativas..

 

Repartíndonos as funcións dentro do equipo anotándoas no noso libro de rexistros. Neste libro escribimos os nomes de cada un dos "reponsables" xunto á función asumida, o nome do equipo e o número do día. Ademais, unha vez rematada a tarefa avaliamos entre todos os integrantes o traballo de cada un deles, debuxando unha cara triste ou contenta.

E a auto-avaliarnos unha vez rematada a tarefa: Traballamos todos e todas? Recollemos ó rematar?  Falamos para poñernos dacordo? Traballamos xuntos?...  cunhas caras fomos decidindo dentro do equipo "como cremos que nos foi"

 

A partir de agora poderedes coñecer tódolos traballos que faremos empregando os nosos equipos cooperativos, asumindo responsabilidades, aceptando as consecuencias das decisións, pero sobre todo falando para chegar a acordos e cooperando todos nas tarefas que se nos encomenden.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.