Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Presentamos as nosas familias ós compañeiros e compañeiras

Unha mañá durante a asamblea, o noso compañeiro SERGIO, ensinounos a fotografía do seu irmán pequeno que trouxera da casa. Comezamos entón a falar das nosas familias e pensamos que sería interesante que cada quen trouxera fotografías para poder presentarllas ós demais.

 

Entre todos e todas fomos dictando unha carta para enviarlle ás nosas familias, e que nos axudasen a traer fotografías. Fomos dictándolle ó profe que poderíamos traelas impresas ou envialas por e-mail.  

Cando estivo rematada, como só tiñamos unha folla, contamos que precisaríamos 12 copias máis, pois somos 13 na aula.

 

Como xa o tiñamos tan claro, na fotocopiadora da sala de mestres e mestras non houbo dúbida, había que marcar o número 12 e, efectivamente fomos contando e sairon 12 follas iguais... que lista é!

 

Nos seguintes días fomos recibindo as fotografías. Algunhas no e-mail de infantil (que revisa o encargado cada mañá), outras xa impresas e outras en "pen-drive". 

 

En calquera caso, chegaran como chegaran, cada un foi presentando a súa familia ós compañeiros e compañeiras, contándonos ademais "anécdotas" que sucederan nas diferentes fotos.

 

Pouco a pouco fomos enchendo o noso encerado con fotografías... tantas que ó final "crubrímolo por completo".

 

Nos casos en que nos chegaban as fotografías por correo electrónico, respostamos dando as grazas a todos eles, decidindo entre todos e todas que deberíamos escribir.

 

Como eran tantas as fotografías, e precisabamos ter valeiro o encerado para iniciar a "investigación sobre as formigas" (da que xa vos contaremos os primeiros pasos nuns días), debatimos que podíamos facer con tantas fotos.

Estas foron as ideas que xurdiron e valoramos:

  • pegalas no corredor
  • pegalas nunha parede enriba dos xoguetes
  • colgalas do teito
  • colgalas da árbore da clase
  • pegalas nun libro de fotos.

 

Acordamos levar á práctica dúas das ideas, mediante votación, crearíamos un libro individual coas nosas fotos....

 

Que nos próximos días iríamos completando escribindo que familiares saían nas diferentes imaxes.

 

... e penduramos os libros da nosa árbore que se convertiu na "árbores das familias".

 

Se aínda non chegaron as túas fotos non te preocupes, como sabes tes o teu libro preparado para pegar nelas as imaxes en canto cheguen.

 

Deste xeito fomos coñecendo diferentes tipos de familias, todas distintas, con diferentes compoñentes e realidades... pero todas fantásticas.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.