Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo

Para poder coñecer a novos compañeiros e compañeiras de diferentes culturas, e descubrir como é a súa vida e o seu colexio, desde Infantil (todos xuntos) decidimos escribir cartas a colexios de todo o mundo. 

O primeiro foi dialogar e comentar a que países iamos enviar as nosas cartas, e onde se atopaba cada un deles nun mapa do mundo.

 

Creamos o noso propio mapa do mundo para poder ir sinalando nel a que países enviaríamos as nosas cartas.

 

Xa co mapa rematado, puxémolo no corredor de infantil,  para todos os compañeiros e compañeiras do colexio puidesen estar ó tanto de como ía a nosa correspondencia.


 

Localizamos os diferentes países nos que se atopaban os colexios ós que enviaríamos cartas, escribindo tamén o nome dos mesmos e xunto coa súa bandeira.

 

Velaquí tes, no noso mapa interactivo, os colexios ós que enviamos as nosas cartas (tamén dispoñible directamente desde o recanto de infantil. 

 

Empregando este mapa interactivo fomos "voando" e recorrendo todo o mundo de forma virtual para descubrir, gracias a street-view, como son os colexios ós que imos enviarlles as nosas cartas. Ti tamén podes facelo, se queres, no mapa anterior (abríndoo en google maps)

 

Cos nosos destinatarios xa localizados, chegou o momento de acordar entre todos que lles iamos contar na nosa carta  así como que lle queríamos preguntar sobre o seu colexio. Fomos anotando as nosas ideas no ordenador. Repartíndonos o traballo entre os equipos cooperativos as dúas aulas, tan só quedaba poñerse mans á obra

 

Como unha das cousas que queríamos contarlles era como se chamaban os nosos profes, escribimos unha lista cos nomoes de todos eles...

 

.. que fomos tachándoos a medida que iamos tomando unha fotografía de cada un deles. 

 

Pouco a pouco cada equipo foi escribindo as diferentes partes da nosa carta, contando onde estaba o noso colexio,  qque clases tiñamos, como nos chamamos cada un de nos, o que facemos na clase... e moito máis.

 

Por fin tiñamos a nosa carta rematada escrita en galego, se queres podes lela descargándoa aquí.

Entenderían a nosa carta nos outros países do mundo? Para descubrilo estivemos vendo algúns vídeos de xente falando en Arxentina, Xapón, Polonia, Turquía e Reino Unido, os países ós que iamos enviarlles a carta.

No caso de Arxentina descubrimos que falaban castelán, polo que non había problema en traducila, xa que todos e todas sabemos tamén falar castelán. Velaquí tes a nosa carta en castelán.

Do resto dos países non entendíamos nada do que dicían os vídeos, pero despois de falar un anaco sobre o tema pensamos que seguramente neses coles tamén aprenderían inglés, como facemos nos no cole. Así que lle pedimos á profe Loli (a nosa profe de inglés) se podería axudarnos a traducir a nosa carta.

 

Despois duns días tróuxonos a carta traducida, podes descargala aquí, e xa podíamos poñelas no nos mural, no espazo reservado a onde vivíamos nos, incluíndo por suposto as nosas tres bandeiras.

 

Despois de enviarlles a carta ós diferentes colexios por e-mail, tan só nos queda agardar a que comecemos a recibir respostas e así poder ir pegándoas no noso panel do corredor, para que todos e todas poidan saber como son os colexios neses países.

 

Ós poucos días xa recibimos o primeiro correo desde o colexio do Reino Unido. Aínda non era a súa carta, pero si un correo en "inglés", no cal puidemos entender algunhas palabras como "Hello". 

Os profes léronnola traducíndoa e descubrimos que nos contaban que, moi pronto nos enviarían a súa resposta, porque agora estaban de vacacións no seu país.

 

A medida que vaiamos recibindo respostas do diferentes países iremos contándovolo neste recanto de infantil e, por suposto, tamén o podes mirar no corredor de infantil do noso colexio.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
letter_spanish.pdf3.05 MB
letter_galician.pdf3.05 MB
letter_english.pdf3.05 MB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.