Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Temos novos equipos cooperativos: Queres coñecelos?

Rematada xa a investigación sobre as formigas, chegou o momento de cambiar os nosos equipos cooperativos.

Nesta ocasión, para descubrir en que equipo estaríamos cada un de nos, o profe foi debuxando algo no encerado e fomos plantexando hipóteses de que podería ser... ata que o final descubirmos que se trataba dun "plano da nosa clase", onde cada unha das catro mesas dos equipos estaban idenficadas cun número. 

 

Tan só tivemos que ler o noso nome, descubrir en que número nos tocaba para "xuntarnos" cos noso novos compañeiros e compañeiras de equipo.

A primeira decisión,  e a máis importante, foi como sempre decicir "como se ía chamar cada un". Despois de duros debates e negociacións, cada equipo deu escollido un nome para identificalos, e elexido unha das catro cores que había.

Velaquí tedes os novos equipos cooperativos da nosa aula:

ARAÑAS:

 

BOB ESPONJA:

 

LOBO ORBIL:

 

ESPÍDERMAN:

 

O primeiro traballo de cada un dos recén creados equipos, foi construír os seu "panel", para o cal, despois de elexir o primeiro encargado de material desta nova etapa dos equipos, buscaron e imprimiron unha fotografía idenficativa do mesmo.

Algúns equipos buscaron unha imaxe nas tablets.

 

E outros preferiron empregar os ordenadores. Eso si había que escribrir correctamente o nome do noso equipo senón saían "fotos rarísimas".

 

Coa imaxe xa impresa comezamos o deseñar os paneis dos nosos equipos, escribrindo tamén o nome dos integrantes do mesmo.

 

Ademais en cada equipo tiveron que escoller a foto de grupo e "ler" o texto que se correspondía co nome  do seu equipo.

 

Para logo pegalas no panel, organizando o espazo para que puidese caber todo

 

E por fin, así quedaron rematados os paneis dos catro novos equipos da nosa aula.

 

Desde agora con cada traballo cooperativo anotaremos os encargados no libro dos mesmos.

 

E aiuto-avaliaremos o noso traballo en equipo cando rematemos, a través dunha avaliación figuro-analóxica.

 

De seguro que escoitaredes falar do equipo ARAÑA, ESPÍDERMAN, LOBO ORBIL E BOB ESPONJA, nas diferentes entradas que vaiamos publicando.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.