Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Experimentando: O guante que ten vida

Como cada mes continuamos a facer experimentos científicos na nosa aula, nesta ocasión descubrimos o "guante que cobra vida".

Como sempre o primeiro foi plantexar hipóteses como poderíamos facer para que cun guante, auga, e unha botella valeira, puides "inflarse" como un globo.

 

Despois de ir probando as diferentes hipóteses demos con unha que si funcionaba: meter o guante na botella e introducilo na auga.

 

Un a un fomos probando que efectivamente funcionaba, e comezamos a "teorizar" sobre cal podería ser a causa de que se "infle" so. Despois de plantexar moias teorías acordamos que era "culpa" do aire que quedaba encerrado dentro do globo, e que cando o metíamos na auga "quería sair pero chocaba co globo".

 

Por equipos cooperativos decidimos repetir o experimento para rexistralo no noso caderno de campo. Coas funcións asignadas dentro do equipo comezamos o traballo.

 

O encargado de material, tra-lo acordo por parte do equipo e coas súas orientacións, foi a coller o material que precisaría para o experimento.

 

E cada un dos equipos foi reproducindo o experimento, probando outras "alternativas" e variacións sobre o experimento.

 

Unha vez rematada a experimentación rexistramos as nosas observacións no caderno de campo dos experimentos.

 

Cal será o experimento que faremos o próximo mes?

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.