Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Rematamos setembro e pasou todo isto na aula

Na  segunda semana de clases seguimos visitando algunhas das dependencias e aulas do cole.

 

Estivemos cos compañeiros de 1º e 2º, pois queríamos saudar aos nenos e nenas que estaban o curso pasado na nosa aula e presentarllos aos máis pequerrechos.

Eles nos ensinaron a súa mascota, Sofía.

 

Tamén estivemos na sala de ordenadores, e ademáis de sentarnos por parellas a practicar co ordenador e cos distintos xogos didácticos da web,

 

tamén compartimos xuntos na pizarra dixital unha curtametraxe, "Tamara", que trataba dunha nena xorda que o que máis lle gustaba de todo era bailar e o facía moi ben, a pesar de non escoitar a música, pero como opinaba unha nena de clase, o facía xenial porque "ela sentía a música na súa cabeza".

E así fixemos nós tamén, bailamos, primeiro escoitando a música

e logo sentíndoa nós na nosa cabeza..foi moi divertido.

Ademáis, xogamos un ratiño a pensar e dialogamos sobre Tamara, e coñecimos cómo falan as persoas xordas. Vimos cómo se din as letras do abecedario en linguaxe de signos, que é a linguaxe das persoas xordas. Cada quen estivo atento á súa letra e logo a buscou nun abecedario en papel.

 

Estivemos tamén no pavillón, para levar a cabo a psicomotricidade, que será todos os xoves. E ademáis de facer moitos xogos de movemento e coordinación xeral, nesta ocasión exploramos cos aros, realizando xogo libre con eles, e outras propostas máis dirixidas.

 

Tamén continuamos a elaborar o horario xigante que colocaremos enriba da pizarra e que nos permitirá anticipar cada momento da xornada.

  

De xeito paralelo fumos elaborando un dossier individual co horario para levar a casa e telo sempre ali e así saber o que toca cada día.

Os compañeiros máis maiores, axudamos na elaboración deste horario, ós máis pequeniños, escollendo con eles as fotografías de cada día e explicándolles onde debían pegalas no papel, pois había un nome para cada foto, co que as tiñan que emparellar.

 

 

Os compañeiros máis novos tamén tiveron que escoller a fotografía dos distintos profes, xunto co seu nome, e pegalas nun folio que levarán co seu horario.

 

Continuamos coa sesión semanal de pintura con témpera e con distintos útiles e materiais. 

 Nesta ocasión a creación era libre, a partir de cinco cores, tratando de lavar ben o pincel no vasiño de auga cando cambiásemos de cor.

Tamén participamos na elaboración dun mural xigante, no que pintamos coas mans, que vos ensinaremos noutra entrada.

Ademáis, aproveitamos calquera feito, suceso do día a día, como recurso para aprender significativamente.

Ángela leunos a nota das actividades extraescolares que levaríamos para casa, e como nos atopábamos no martes, buscamos na nosa nota ese día, suliñándoo.

 

O noso compañeiro Lucas marchou uns días de vacacións e contounos que estivera en Granada, así que buscamos nun enorme mapa na pizarra dixital, ónde estaba esa cidade e marcou o percorrido, 

 chegando a conclusións sobre a distancia entre Pontevedra e Granada.

As clases continúan con moitas máis experiencias que vos seguiremos contando. Ata pronto!! 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.