Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Xa temos novos equipos cooperativos... Queres coñecelos e saber como os creamos?

Nesta última semana organizamos os novos equipos cooperativos da aula, que empregamos en diferentes tarefas que levaremos a cabo e que, como sempre vos iremos contando neste blogue.

O primeiro, e o máis emocionante, foi descubrir con que nos tocaría estar no equipo.

 

Con todos e todas xa distribuidos nos catro equipos cooperativos, a primeira decisión que tivo que tomar cada equipo foi acordr cal sería a cor identificativa de cada un, para poder pintar o panel con témpera desa cor. Eso si antes, e coa axuda mutua dos integrantes de cada equipo, fomos poñéndonos os mandilóns. 

 

Cos equipos xa listos, había que escoller quen iría, como representante de cada equipo, a buscar a témpera da cor acordada. A algúns equipos costoulle un anaco chegar a un acordo... pero tranquilos que isto é porque era a primeira vez que traballábamos dentro deste equipo

 

E aló foron os representantes de cada equipo a pedir témpera da cor acordada polo seu equipo.

 

Xa de volta, cada equipo tivo que falar e chegar a un acordo moi importante, xa que só había un pincel e un papel para empregar, e todos e todas tiñamos que participar.

 

Cada equipo optou por unha estratexia diferente: ir por turnos, dividir o papel en anacos "iguais", coller o pincel entre varios...

 

E ó final demos rematado de pintar o panel coa cor que cada quen escollera.

 

Tan só nos quedaba agardar a que secase para, ó día seguinte, tomar novas e importantes decisións dentro de cada equipo.

 

Ó día seguinte, xa co panel da cor acordada coa pintura seca, cada equipo tivo que acordar a decisión máis importante.... Como se ía chamar cada equipo?

 

Velaquí os nomes elexidos por cada equipo:

 

EQUIPO BALÓN:

 

EQUIPO ESPADA PEPA PIG:

 

EQUIPO MARIPOSA:

 

EQUIPO TORTUGAS NINJA:

 

 

Cada un dos equipos foi completando o panel que os identificaría, escribindo con "letras móviles" o nome do equipo, ordeándoas para que puxera correctamente o nome do equipo. 

 

Imprimindo e pegando a foto do seu equipo (que antes puidéstedes ver e que nalgún equipo haberá que cambiar cando se incorpore o membro que falta)

E elexindo entre os membros do equipo, que debuxo ou imaxe representativa, quererían usar no panel do seu equipo, para logo imprimila, recortala e pegala... novamente acordando entre todos onde e de que xeito facelo.

 

E por suposto non nos podíamos esquecer de escribir os nosos nomes do panel, para pasar a formar parte do equipo "con plenos dereitos e obrigas" ;)

 

Rematado o traballo chegou un momento que nos "encanta", que é "poñer as caras" para auto-avaliar o noso traballo dentro do equipo.

 

Nesta auto-avaliación, acordada por tódolos integrantes do equipo, decidimos que tal o fixemos nos seguintes aspectos, elexindo se poñer unha cara contenta, triste ou pensativa... segundo creamos que sucedeu o traballo no equipo en cada ocasión.

 

Finalmente os paneis de cada equipo, coa primeira auto-avaliación, quedron deste xeito... verdade que son chulos??

 

 

 

 

Traballaremos en equipo en diferentes momentos para levar a cabo diferentes tarefas, investigacións, etc..., escollendo encargos a asumindo responsabilidades dentro do equipo. Como sempre irémolo contando en próximas entradas do blogue.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 4 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras