Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Experimentando con M&Ms e auga. Creamos un vídeo para contalo

Ó igual que no curso pasado, cada mes estamos a levar a cabo na aula un experimento científico para observar diferentes fenómenos físicos e químicos. 
 
 
Neste primeiro experimento do curso descubrimos o que sucede ó mesturar M&Ms e auga, e para que todos poidades ver o que acontece e o poidades repetir nas vosas casas, cada mes un dos equipos cooperativos das dúas aulas de infantil, grabarán un vídeo explicándoo. Podes atopar o correspondente a este experimento ó final desta entrada e tamén no apartado de vídeos no "recanto de infantil".
 
 
O primeiro foi, como sempre, analizar que materiais precisaríamos no noso experimento. 
 
Clasificámolos por "cores" xa que logo os iamos empregar segundo a cor que tivesen.
 
Creamos un círculo con cos M&Ms, alternando as cores dos mesmos.  Que sucedería cando lle botásemos auga? cada un de nós foi plantexando as súas hipóteses.
 
Tan só restaba botarlle auga para observar que sucedía....  e observamos como de cada un ía saíndo un "camiño da mesma cor" formando un debuxo fantástico.
 
Fixemos tamén o mesmo experimento empregando dous círculos "concéntricos"... e o resultado foi espectacular.
 
Por que sucedía este fenómeno? adicámoslle un anaco a plantexar hipóteses das causas que poderían facer que aparecesen esas cores... Que sucedía cos M&Ms? Por que estaban brancos pola parte de abaixo?
 
  
Agora que xa chegáramos a unha serie de conclusións e coñecíamos cal era o proceso para facer o experimento, organizámonos nos equipos cooperativos (que vos presentamos nunha entrada anterior) para repetir o experimento.
  
Para o cal o primeiro foi acordar quen sería o encargado de "material" que iría a buscar o que precisaría cada equipo para o seu experimento. 
    
Cada equipo acordou de que xeito ían participar todos na creación do experimento.
   
Cada equipo tivo que dialogar para chegar a acordos, para tentar poñer en práctica as súas propias estratexias de traballo en equipo.

  
E foron repetindo os pasos que xa coñecían, se ben algún optou por ser creativo e introducir algunha modificación, por suposto acordada entre os membros do mesmo.


  
En tódolos casos observamos o resultado agardado do experimento...
  
... que nos puxo moi contentos polo éxito logrado.
  
E unha vez rematado, como "sobrara material de traballo" que mellor que probar a "calidade dos mesmos" ....
  
Efectivamente... eran de primeira caidade ;)
 
   
Chegaba agora o momento de preprar a rodaxe do vídeo, do que se encargaría o equipo "Tortugas Ninja", xa que este mes lle correspondía a nosa clase facelo. Colaboramos todos escribindo a lista do material que precisaríamos, para poder logo amosalo no vídeo.


Despois dunha planificación dentro do equipo, de que faría e diría cada quen no vídeo e como o ían contar, chegou o momento da rodaxe, que deu como resultado o vídeo que podedes ver de seguido. Agardamos que vos guste.
 
 
Agora tan só nos quedaba comezar a completar o noso "caderno do ciéntifico" engadindo este primeiro experimento.
 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 8 invitados conectados.