Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) No mes de outubro sucedeu tamén todo isto...

Ó longo deste mes de outubro, ademais de facer o que xa vos contamos noutras entradas, tamén tivo lugar na nosa aula todo isto:

Exploramos as nosas potencialidades creativas debuxando coa témpera, acordando as cores a empregar traballando en equipos cooperativos.

 

Así de fenomenais quedaron as nosas obras de arte, que temos expostas no "museo da aula"

 

 

XOGAMOS A PENSAR: FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS.

Tódalas semanas adicamos un tempo a "xogar a pensar",  convertíndonos en "filósofos", dialogando a partir de preguntas que nos vai plantexando profe sobre diferentes vídeos, imaxes e historias... a través delas desenvolvemos os nosos pilares de pensamento a través do desenvolvemento de diferente habilidades de pensamento.

Nunha das ocasións visionamos esta curtamentraxe titulada "O Agasallo".

E estas foron algunha das respostas e ideas que xurdiron do diálogo posterior.

  • Por que non ten pata o can?  Porque tivo un accidente, porque lla cortaron cunha serra, porque rabuñaba moito e cortáronlla...
  • Entón porque non lle cortaron as outras... porque nas outras tiña as uñas pequenas.
  • Pois porque non lle cortaron as uñas a esa pata tamén?... seguro que o atropellou un coche como á miña cadela e perdeu unha pata.
  • Ou naceu sen ela...
  • [...]
  • O neno tampouco ten unha perna porque tivo un accidente.
  • Non poderían terlla cortado como dicides que lle fixeran o can? Non se lle poden cortar as pernas ás persoas nunca, nunca.
  • Está enfadado cando ve o can porque cree que está "roto", porque non lle gustan os cans, porque cheira mal, porque lle falta unha pata...
  • Logo xoga con el porque ve que é divertido, que pode facer todo o que queira aínda que lle falte unha pata.
  • Claro por iso estaba enfadado o neno, porque pensaba que como non tiña unha perna non podia facer moitas cousas, e logo como can está xogando "descubre" que pode facer o que queira, por iso sae a xogar con el.
  • Dentro da caixa do can cheira a caca e pis, a can, a cartón mollado...
  • Dentro da caixa sabe a alegría, a castaño, a can, a comida de can, a escuridade...
  • [...]

Para desenvolver habilidades cinestésicas dramatizamos como "podía moverse o can do vídeo", poñendonos no lugar das personaxes da historia.

 

 

Noutra ocasión fomos "descubrindo" o cadro "O matrimonio Arnolfini" do pintor Jan van Eyc, podes ver a imaxe "oculta" do cadro na seguinte ligazón.

Imaxe oculta: Matrimonio Arnolfini - Jan Van Eyck

Do diálogo posterior xurdion, entre outras, estas ideas.

  •  Que haberá? (coa imaxe oculta): Un helicóptero, un avión, unha rá contenta, un edificio...
  • Que hai no chan? (cun anaco do cadro descuberto) No chan hai unha escopeta, unha muñeca,
  • É unha muller cun vestido moi raro e "grande"
  • Non é que sexa grande, e que está moi gorda porque comeu moitas tartas.
  • Non é que comera moitas tartas, é que vai a ter un bebé como a miña nai, seguro que nace pronto.
  • Si seguro que ten un bebé na barriga... seguro que na parte que non se ve do cadro sae o papá.
  • Ves... ahí está o pai, seguro que é ese señor.
  • O bebe dentro da barriga sinte "mareo" porque está todo o tempo movéndose e non pode estar de pe, está aburrido porque non pode xogar, está desexando saír  para afora e coñecer ós seus pais.
  • Fora ten que facer bo día, porque fai sol que se ve pola ventana.
  • Si tamén se ve unha árbore con froitas
  • Seguro que cheira a "primavera", a naranxas, a herba, a caca do can...
  • [...]

Traballamos tamén habilidaes cinestésicas dramatizando co corpo o que se amosaba no cadro.

 

 

Ou "poñéndonos na pel" de persoas, animais e obxectos que se podían ver no mesmo.

 

Continuamos a completar o noso diccionario xigante con novas palabras de cada letra.

 

 

DESENVOLMENDO A NOSA PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN:

Nas sesións de psicomotricidade no pavillón traballamos aspectos como a coordinación de movementos, e planificación de estratexias cos compeñeiros e compañeiras para chegar a acordos e solucionar un problema. Así sucedeu no caso do xogo "dos barcos piratas" nos que había que buscar unha solución para "pasar dun barco ó outro".

 

Incluso "buscando solucións" cando non había suficientes pezas para chegar ó outro lado. Despois de varias probas acordaron que poderían ir "pasando as pezas do final cara adiante" así así poder evitar todo e todas que nos "comesen os tabeiróns que había polo mar".

 

Participando en circuitos desenvolvemos habilidades da axilidade, coordinación e orientación no espacio.

 

Facendo os percoridos en "gran grupo" ou pequeno grupo, collidos da man, tivemos que coordinar os nosos movementos cos dos demais, aprendendo a controlar o corpo e a explotar as súas potencialidades.

 

Gatexar para "atrevesar" o túnel é outro aspecto moi importante no noso desenvolvemento psicomotor.

 

O control das emocións, a relaxación e a "expresión corporal" son outros aspectos importantes que tamén traballamos nas sesións de psicomotricidade. 

 

Cos aros traballamos o equilibrio, a coordinación de movementos e diferentes tipos de lanzamentos.

 

E como sempre, unha vez rematado, sempre temos que gardar o material de forma ordenada no seu sitio.

 

 

CHEGA O MAGOSTO-SAMAÍN... ASÍ O PREPARAMOS:

Durante las últimas semanas do mes, e tal como anotamos no calendario da aula (tanto online como en papel), comezamos a preparar unha das "celebracións" que máis nos gustan no colexio. O Samaín e o Magosto, que celebraríamos xuntos o mesmo día.

O primeiro, como sempre, foi avisar ás nosas familias da data e todo o que sucedería nesta celebración, así como do material que iamos precisar para levala a cabo.

 

Recollimos follas das árbores do patio, que estaban no chan porque estabamos en outono, para poder convertilas en pantasma terroríficas.

 

Fomos presentando ós nosos compañeiros e compañeiras as cabazas "monstruosas", que íamos traendo para o concurso-exposición do colexio. Fómolas deixando todas no corredor para que todos e toda puidesen velas.

 

Encantounos "cruzar a porta" tapada cunha cortina de cor negra.

 

Descubrimos en que lugar se poñerían tódalas cabazas dos nosos compañeiros e compañeiras durante a exposición... a sala de usos múltiples estaba "terrorífica".

 

Convertimos as follas de árbores en pantasmas pintándoas de branco...

 

... para logo poñerlle uns ollos e unha boca monstruosa de cor negra.

 

Creamos tamén uns morcegos monstruosos, pintando de negro caixas de ovos de cartón.

 

Coas pantasmas e morcexos xa rematados decoramos a nosa árbore e o corredor de infantil (como podes ver na entrada deste blogue sobre os preparativos e celebración do magosto-samaín

 

Así de terrorífico nos quedou....

 

Fomos xuntando  nuha caixa as castañas que iamos traendo cada día. 

 

E o día da celebración, dous compañeiros de sexto viñeron a recollelas para poder "asalas".

 

Tamén construímos o noso cesto-morcego empregando un cartón de leite.

 

Así de fantásticos nos quedaron... 

 

... todos preparados para meter dentro as castañas asadas o día da celebración do Magosto-Samaín.

 

E por fin chegou o gran día... así de terroríficos estabamos esa mañá, ata os profes viñero disfrazados e moi "terroríficos" tamén.

 

Entre todos e todas deseñamos e fixemos an osa cabaza "tola da aula".

 

Se queres ver como preparamos, o ben que o pasamos e  comocelebramos o Magosto-Samaín no centro, tan só tes que ler a seguinte entrada neste blogue, ou ben facelo directamente desde aquí.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.