Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016/2017) Os compañeiros/as de 6º veñen a infantil a darnos unha charla sobre as máquinas e a enerxía.

Os compañeiros e compañeiras de sexto curso, xunto coa profe Merce (que é tamén a nosa profe de música), estiveron preparando unha charla sobre as "máquinas", sobre as que estaban a investigar e traballar, para contarnos unha chea de cousas interesantes sobre elas.

 

Por parellas, en equipos ou de forma individual foron contándonos diferentes aspectos e tipos de máquinas, así como das diferentes fontes de enerxía.

 

Como planificaron a súa exposición pensando en nós, e na idade que temos, entendímolo todo sen problemas.

 

Acompañaron as súas exposicións ensinándonos diferentes tipos de máquinas e mecanismos, segundo os foron presentando.

 

E como remate organizaron uns divertidísimos xogos para descubrir canto lembrábamos de todo o que nos contaron.

 

Eles mesmos foron os encargados de deseñar, planificar  e posteriormente explicarnos os xogos... que finalmente foron todo un éxito.

 

Como despedida tamén nos amosaron unha canción sobre as máquinas, que atoparon durante o seu proceso de investigación e traballo, e que pensaron que nos ían encantar.

 

Como fomos un público moi atento e colaborador, os compañeiros e compañeiras agasalláronnos cunhas fantásticas pegatinas.

 

Moitas grazas pola charla e noraboa a todos e todas por este fantástico traballo que fixéstedes!!! 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.