Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) E ademais... no mes de decembro

Antes de rematar este primeiro trimestre, na nosa aula sucedeu tamén todo isto, ademais do que xa vos contamos en entradas anteriores, como a celebración e participación no festival de Nadal, o traballo cos retratos e o proxecto de investigaacion sobre as tartarugas.

Coa chegada do novo mes cambiamos o noso calendario, e sinalamos as datas máis destacadas deste mes tanto no calendario en papel como no calendario online (que podes ver no recanto de infantil desta web). E por suposto tamén cambiamos de fola no libro dos cumpleanos.

 

Elaboramos o noso boletín de autoavaliación onde lle contamos ás familias todo o que fixemos neste primeiro trimestre, para o que tivemos que lembrar feitos sucedidos ó longo destes meses. Tamén indicamos nel cal foi o noso equipo cooperativo.

 

Asistimos á presentación do libro "Os Bolechas visitan Campo Lameiro e Moraña".

 

A presentación tivo lugar no Concello de Campo Lameiro e correo a cargo do alcalde do noso Concello e da alcaldesa de Moraña, alí asistimos xunto ós demais compañeiros/as de todo o centro.

 

Ó final regaláronnos o libro dos Bolechas para cada un.

 

Rematamos o traballo cos retratos e a caixa misteriosa (podes ver máis desta tarefa nas respectivas entradas deste mesmo blogue).

 

Démonos masaxes nas nosas caras por parellas, aínda que nos facía moitas cóxegas ;)

 

Retratámonos uns ós outros, e estes retratos tamén formaron parte da exposición de retratos (que xa vos comentamos noutra entrada)

 

Nas actividades de psicomotricidade no pavillón convertímonos en tartarugas para desplazarnos polo espazo, coordinando os nosos movementos cos dos restante compañeiros e compañeiras.

 

E transportando a pelota de diferente formas 

 

Tamén nos convertimos en Santa Claus, creando a súa cabaña no Polo Norte, seguindo as instruccións que nos daban os compañeiros/as.

 

E efectivamente Santa Claus cabía dentro perfectamente.

 

Xunto ó seu axudante repartiu "regalos" a tódolos nenos e nenas que estaban durmindo nas súas casas.

 

Creamos as nosas postais de Nadal, convertindo as nosas mans pintadas con témpera marrón (por parellas) en renos que tiraban do trineo.

 

Cuns ollos moi simpáticos, debuxándolle unha boca e cunha cenefa de gomets en "serie" quedou super chula.

 

Tan só faltaba escribrille unha mensaxe navideña para poder levala para casa.

 

E así quedaron unha vez rematadas.

 

Colaboramos na elaboración do mural do Nadal na Biblioteca do centro.

 

Invitamos ás nosas familias a ver a nosa actuación de Nadal no Festival, para o que indicamos tamén á hora á que daría comezo.

 

Xa estaba lista para levala para casa, tan só quedaba que viñesen a ver a nosa actuación. Ti tamén podes vela na entrada "Chega o Nadal a Infantil" publicada neste mesmo blogue.

 

Lembra que podes atopar todo o que sucedeu neste mes, ademais do que aquí vos contamos nas respectivas entradas deste mesmo blogue.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.