Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) A festa dos xoguetes

A semana pasada, xusto volvendo das vacacións, participamos na aula nunha actividade relacionada cos xoguetes.
A profe propúxonos facer unha "festa dos xoguetes", para a cal necesitaríamos traer cada un/ha un xoguete propio da casa para compartilo durante uns días co resto de compañeiros.
Pensando e falando sobre cómo poderíamos avisar deste acontecemento, chegamos á conclusión de que o "cartel" podía ser un bo medio ou recurso, xa que serven para avisar sobre algún acontecemento.
Ángela propúxonos buscar polo colexio, polos corredoiros, a ver se atopabamos algún cartel para ver cómo son.
 
 
 
Atopamos algúns e tamén en internet e así quedounos claro que como mínimo o cartel debe levar un título da actividade ou do acontecemento, un lugar, unha data, hora..
 
Reflexamos na pizarra o que deberíamos indicar no noso cartel, pois o seguinte sería elaborar un cartel para anunciar ás familias a festa dos xoguetes, e o faríamos de xeito cooperativo, cos nosos equipos.
 
 
 
Ó finalizar a proposta levamos a cabo a autoavaliación nos paneis de equipos, para verbalizar e caer na conta de si verdaderamente levamos a cabo traballo cooperativo.
 
Así quedaron os nosos carteis
 
 
e cada un de nós levou a casa unha fotocopia do cartel do seu equipo xunto cunha nota explicando a proposta.
 
Ó día seguinte os xoguetes foron chegando á aula e cada un de nós, explicou ós demais quen llo mercara ou regalara, e algunhas características: nos contaba se o seu xoguete era brando ou duro, pesado ou lixeiro, grande ou pequeno (con respecto ó máis grande), tiña son ou non e que cores tiña.
Ángela e Nuria, a profe en prácticas que estes meses estará na nosa aula, tamén trouxeron os seus xoguetes
 como esta marioneta ovella, de Nuria.
Neses dous días que tivemos os xoguetes na aula, tratamos de compartilo cos demáis e cada un xogar co que non fose noso. Non todos o conseguimos, porque non é doado...pero en líneas xerais, os fixemos todos moi ben!!
 
 
Noutra sesión tamén fixemos inferencias e comparacións entre todos os xoguetes e os pesamos, comprobando se o que pensabamos inicialmente era así ou non.
 
Nuria foi anotando no encerado o peso de cada xoguete, que líamos na balanza e nós fómolos ordeando dende o máis lixeiro, ata o máis pesado de todos e facendo pequenas agrupacións, pois algúns xoguetes tiña prácticamente o mesmo peso así que pertencían ó mesmo grupo.
Tamén pensamos de que outras maneiras se poderían agrupar: os animais, e dentro dos animais os dinosaurios, os coches, as bonecas, os de cor vermella, os de forma rectangular....
E finalmente, impresas as fotografías de cada un co seu xoguete, as pegamos nun gran mural que fixeramos ó longo deses días, do que xa vos contaremos.
 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 2 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras