Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Experimentamos con leite, lavavaixelas e colorante. Queres saber o que sucedeu?

Neste primeiro mes do ano, levamos a cabo na aula un experimento con leite, lavavaixelas e colorante alimentario. Como sempre o primeiro foi plantexar hipóteses sobre o que se podía facer con ese material, e que sucedería. 

 

Entre todos e todas puxémonos mans á obra para botar primeiro leite...

 

E logo colorante alimentario, para cun bastociño cheo de lavavaixelas descubrir que as "cores escapaban" uns dos outros facendo debuxos fantásticos. Que sucedeu? Debatimos novamente plantexando hipóteses sobre as causas que crearon este fenómeno.

 

Traballando en equipos cooperativos plantexámonos repetir o mesmo experimento, acordando dentro de cada un os diferentes roles que ía a desempeñar cada quen.

 

Co traballo organizado o "encargado de material" de cada equipo foi a buscar os elementos que precisaría para repetir o experimento.

 

E así cada equipo foi repetindo o proceso.

 

Conseguindo estes fantásticos resultados...

TORTUGAS NINJA:

 

MARIPOSAS:

 

BALÓNS:

 

ESPADA PEPA-PIG:

 

Tan só quedaba completar o noso caderno de campo, cos datos máis destacable do experimento.

 

Un dos equipos dos nosos compañeiros/as de Infantil 1 foi o encargado, nesta ocasión, de gravar o vídeo explicativo do mesmo, que podes ver xa no recanto de infantil desta mesma web (no apartado vídeos) ou directamente aquí:

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.