Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016/2017) Rematamos a nosa investigación sobre as tartarugas... xa estamos preparados para traer unha á aula.

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación na seguinte ligazón:

(2016-2017) Damos os primeiros pasos dun novo proxecto de investigación sobre as tartarugas, para poder ter unha na aula. 

(2016-2017) Atopámo-las primeiras respostas ás nosas preguntas no proxecto de investigación sobre as tartarugas.

 

Aínda nos restaba por atopar a resposta a algunhas preguntas sobre as tartarugas no noso proxecto de investigación. E ata que non déramos conta de todas elas non podería chegar a tartaruga á nosa aula, xa que aínda non sabímos todo o que precisábamos para poder coidala e que puidese vivir na nosa clase

.

Algunhas das preguntas repartímonolas nos diferentes equipos cooperativos, que tras acordar os diferentes roles puxéronse mans á obra.

O equipo ESPADA PEPA-PIG buscou a resposta a "se choran as tartarugas"

 

Descubriron que non choran, segundo a información que atoparon nunha das fotocopias, pero que as mariñas parece choran, pero as bágoas son a auga do mar que lles pode saír polos ollos.  Para plasmalo no mural acordaron empregar unha fotografía dunha tartaruga mariña e escribir a explicación debaixo.

 

E así o deixaron plasmado no mural.

 

Os equipos MARIPOSA e BALÓN, investigaron nesta ocasión de forma conxunta, para descubrir se as como nacen as tartarugas.

Na web do colexio atoparon ujn vídeo no que se podía ver como poñía ovos unha tartaruga na area, e outro no que se podía ver como saían de debaixo da terra as "tartarugas bebé".

 

Para poder plasmar todo isto no mural, tras un duro debate, acordaron que precisarían a foto dun ovo saíndo da tartaruga, outra do que nacese xa o "bebé" e unha terceira dunha tartaruga facedo o oco na area para poñeros ovos. Puxéronse a traballar para atopar todas esas imaxes entre toda a documentación que tiñamos nor recanto da investigación.

 

E participando tódolos integrantes do equipo plasmárono no lugar que tiñan reservado no mural.

 

Ata qeu o deixaron explicado deste xeito:

 

O equipo TORTUGAS NINJA investigou se as tartarugas podía comunicarse e "falar".

En diferentes fotocopias do noso recanto de investigación, atoparon un documento no que explicaba que as tartarugas "nai" comunícanse emitindo sons cos ovos e cos seus fillos unha vez nacen para guialos.

Tamén atoparon un vídeo onde se escoitaba ese son que fan as tartarugas para comunicarse.

Para plasmalo no mural acordaron buscar entre as fotocopias un un ovo de tartaruga para acompañar á explicación escrita. 

 

 

Cada un dos equipos foi anotando o número da pregunta que estivea a investigar no cadro de organización do mural.

 

Unha vez rematado o traballo chegou o turno de que cada equipo lle explicase ós demais os seus descubrimentos, e por suposto, respostar ás preguntas que puidesen facerlle os seus compañeiros/as.

 

Tamén lles ensinaron tódolos vídeos que atoparan como o do nacemento das tartarugas ou a dos sons que "emitían" para comunicarse.

 

E para que todos poidan velos no mural, incluímos un códgo QR de cada un deles, na resposta correspondente.

 

Comprobamos cunha das nosas tablets que efectivamente funcionaban e estaban postos no lugar axeitado.

 

A nosa investigación estaba case rematada, e mural xa case completo... pero aínda quedaban dúas cuestións por respostar: Son mamíferos?, e a máis importante de todas Que iamos precisar para poder ter unha tartaruga na aula?

 

En diferentes sesións fomos investigando, en gran grupo, para atopar a resposta a estas dúas preguntas e poder dar por rematada a investigación.

 

SON MAMÍFEROS?

Entre os vídeos dos noso recanto da investigación na web do colexio, no recanto de infantil, atopamos unha chea deles onde se ía comentando que animais eran de cada un dos tipos: mamíferos, anfibios, réptiles... Fomos mirándoos todos ata que atopamos un no que saían as tartarugas... descubrimos que non eran mamíferos senón réptiles.

Descubrimos tamén que tiñan a sangue fría e, despois dun diálogo, lembramos que as tartarugas tiñan que tomar o sol, conectando coñecementos previos cos novos,  chegamos á conclusión de que precisan facelo para poder "quentar a súa sangue".

 

Decidmos plasmar no noso mural tódalas categorías de animais qeu descubríarmos nos vídeos.

 

Indicando en cada unha delas se tiñan plumas, se poñían ovos e se  "mamaban leite da súa nai".

 

Por equipos cooperativos, empregando ordenadores e tablets, voltamos a visionar os vídeos para ir anotando o nome de "tres animais" para pegar na categoría que nos correspondese. 

 

Unha vez escollidos, e escritos na lista, con axuda do mestre fomos imprimindo (e "lendo" o que tiñamos escrito) as imaxes dos animais que cada equipo escollera. Tan só había que recortalos e pegalos no lugar que lle correspondía. Sorprendeunos descubrir que os humanos éramos tamén mamíferos.

 

E por suposto escribir debaixo de cada un deles o seu nome.

 

 

QUE PRECISAMOS PARA TER UNHA TARTARUGA NA AULA?

Por fin chegamos á última pregunta da nosa investigación... ata o de agora xa sabíamos moitas cousas para poder coidar a nosa tartaruga e sobre  a súa vida, pero aínda tiñamos que ter claro como poderíamos tela na aula e que material precisaríamos.

Para elo visualizamos un vídeo onde "un experto" nos contaba todo o que se precisaba para ter unha tartaruga, que podes ver no recanto de investigación na web. A medida que o iamos escoitando fomos anotando todo o que iamos precisar nunha lista.

 

A medida que as iamos escoitando descubrimos porque eran necesarias e chegamos a conclusións con relación ó que xa descubríramos noutras preguntas. Como que precisan ter unha zona seca, porque como teñen sangue fría teñen que quentarse, ou unha lámpada para poder "darlles calor"...

Escribimos os diferentes elementos e materiais que iamos precisar e anotámolos no mural da nosa investigación.

 

E así quedou plasmada a nosa lista do que necesitamos:

 

Tan só nos queda conseguir todo ese material, e ir "marcándoo" na lista, e cando o teñamos todo poderemos traer á "nosa tartaruga" a vivir alí... xa temos preparado o sitio no mural para poder unha foto súa "e da súa casa" cando a teñamos.

 

En próximas entradas descubrirás como o preparamos todo para a chegada da tartaruga á nosa aula e como nos organizamos para coidala.

Ata entón continuaremos a elaborar o noso dossier individual para plasmar todos estes datos para, unha vez rematado, poder levalo para casa.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.