Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Acompañamos a Dora ata a muralla chinesa e coñecemos a 4 dragóns, para crear o noso traballo para o Salón do libro

Este ano o Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra leva a to título de "O mundo que queremos" e, como cada ano o noso centro participará nas súas actividades enviando un traballo.

Nesta ocasión Dora, a mascota de biblioteca, fará un percorrido polas 7 maravillas do mundo moderno, descubrindo historias e lendas populares de cada un dos países, que traten sobre valores.

A nós, os de infantil, correspondeunos "Muralla chinesa", pero antes contámoslle ós novos compañeiros e compañeiras, como foi a nosa participación o curso pasado, e por suposto presentámoslle a ORBIL.

 

Despois de localizar China nun mapa,

marcamos nel o percorrido que faría "Dora" por terra e mar ata chegar á muralla Chinesa.

 

Cando baixamos da biblioteca atopámons na aula cunha "sorpresa" dos profes... íannos contar a "lenda dos catro dragóns", pero usando o teatro de sombras.

 

Por se queres velo de novo aquí o tes.

 

Despois dun diálogo, acordamos que poderíamos contar a lenda dos 4 dragóns, como o noso traballo para levarlle a ORBIL.

Dora levaría unha maleta na súa viaxe para, dentro dela, ir metendo os libros "coas lendas de valores" dos diferentes lugares polos que iría pasando, incluído o que fariamos contando a "lenda dos 4 dragóns"

 

Distribuímos a lenda dos 4 dragóns entre os 8 equipos cooperativos das dúas aulas, e cada un foi creando a ilustración da parte da historia que lle tocaba plasmar.

Así como o texto correspondente á ilustración feita.

 

Despois de pegar os diferentes elementos nas cartolinas, con forma de cabeza de dragón, que serían as páxinas do libro, xa só faltaba xuntalas todas para montar o libro.

 

Pero ata que puidesemos "montar o libro" tiñamos un traballo pendente aínda por facer.

 

Ademais do noso libro coa lenda dos "4 dragóns" tamén incluiríamos na maleta unhas postais "da nosa viaxe á muralla", para o que había que buscar unha imaxe para poñer de fondo.

 

E facernos unha fotografía, no croma verde.

 

Xuntando as dúas co ordenador, todo o mundo pensará que estivemos na muralla chinesa.

 

Non o  cres? velaquí tes as dúas postais que "enviamos" na nosa viaxe xunto a Dora por China.

 

Tan só quedaba escribir un texto pola parte traseira da postal.

 

E engadirlle un selo de China e o enderezo de destino, para que puidese "chegar correctamente".

 

Cando estiveron rematadas tódalas páxinas do libro, tan só quedaba por facer a portada na que, con axuda da profe Nuria, fomos pegando diferentes materiais que fomos elexindo.

 

E finalmente así quedou o libro unha vez rematado.

 

Agardamos que lle guste a ORBIL tanto como o a nós facelo.

 

Podes ver, facendo click na seguinte imaxe, o noso libro "Os 4 dragóns".

 

 

E así quedou dentro da maleta, xunto cos traballos dos nosos compañeiros e compañeiras de outros cursos, listo para enviarllo a ORBIL.

 

Agora tan só nos queda agardar a que visitemos o Salón do libro, para poder ver alí exposto o noso traballo, e descubrir se lle gustou a ORBIL.

 

Ata que chegue ese momento, convertímonos en dragóns polo Entroido, deseñando e creando os nosos disfraces xunto ás nosas familias nas aula, pero iso xa o podedes ver máis polo miudo noutra entrada deste blogue. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2528

 

 

Tamén participaremos na xornada de portas abertas para as familias, ó final de curso, onde contaremos todo o que descubramos na nova investigación na que nos embaracaremos sobre a "muralla chinesa"

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.