Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) O submarino que sube e baixa. Descubre como facelo co noso último experimento na aula

Tal como xa vos contamos en entradas anteriores deste mesmo blogue, cada mes estamos a levar a cabo no aula un experimento científico, para logo poder facer un vídeo explicándoo.

Nesta ocasión descubrimos como era posible crear un submarino empregando unha botella, globos, unha "tuerca" e auga... Queres saber como construílo?

Ante o material que tiñamos plantexamos hipóteses de que poderíamos facer con el e que sucedería:

  • Se metemos os globos con auga na botella explorará.
  • Sairá disparado.
  • Se poñemos a tuerca dentro da botella e globo na parte de arriba seguro que se enche de aire.
  • ...

 

Despois de ir probando as diferentes hipóteses o profe foinos contando como construír un submarino con ese material. Entre todos e todas fomos enchendo a botella de auga, metendo 3 globos dentro da "tuerca" e meténdoo dentro.

 

E resulta que cando apretabas a botella o "submanrino" baixaba e cando a soltabas subía!!!

 

Fomos plantexando teorías de por que sucedía isto e chegamos á conclusión que debe se a "auga" que o apretar a botella empuxa empuxa "o gobo" (A base científica son os principios de Pascal e Arquímedes ;) )

 

Chegaba o turno de que cada un dos equipos cooperativos se puxese mans á obra e repetise o experimento, e fixese as modificacións que considerasen, co material que tiñan.

 

Antes, coma sempre, tocaba organizarse. Escollendo e asumindo os diferentes roles dentro do equipo.

 

E organizando entre todos e todas, que parte "faría cada un" dentro do experimento, xa que todos e todas tiñan que participar dalgún modo.

 

Con todo xa organizado cada equipo buscou as estratexias que considerou e acordou, para repetir o mesmo experimento.

 

Para poder conseguir que subise e baixase o submarino facía falta "facer moita forza" e un só non era capaz, afortunadamente como nos equipos éramos varios apretando todos e todas á vez, cooperando, conseguimos que funcionase.

 

Xogamos a facer variacións do experimento, a probar que sucedía ó axitalo, observamos como cando se axitaba moito deixaba de funcionar, e ata probamos cos submarinos dos outros equipos.

 

Anotamos as observaciós e resultados no noso caderno de campo da investigación.

 

E auto-avaliamos o traballo e funcionamento do noso equipo grazas o panel de auto-avaliación figuro-analóxica.

 

Nesta ocasión serán os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil 1 quenes se encargarán de crear o vídeo deste experimento.

 

Poderás velo, xunto cos vídeos dos experimentos anteriores creados por cada un dos equipos cooperativos, no noso recanto de infantil no apartado de vídeos, ou directamente desde AQUÍ

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 2 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras