Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Acordamos e dramatizamos para refacer o panel das normas da nos aula

Entre as cousas que tivemos que facer a aula para "poñela ó día" estaba refacer o panel das normas, posto que as tiñamos eran do curso pasado e nelas non saían os novos compañeiros e compañeiras. 

Despois dun diálogo chegamos á conclusión que o mellor sería facer un panel de normas como as do curso pasado, onde sairíamos todos e todas explicándoas.

 

O primeiro que fixemos foi acodar entre todos e todas que "cousas podemos facer na aula" e despois de algún debate foinas escribindo o profe no EDI.

 

Unha a unha fomos dramatizando as normas, mentras outro compañeiro ou compañeira ía sacando as fotografías coa cámara.

 

Nalgunha delas participamos todos na dramatización, como na norma de "BAIXAR AGARRADOS Ó PASAMÁNS".

 

Xa con tódalas fotografías das normas feitas chegaba o momento de acordar como plasmalas no panel.

 

Dividimos o panel en tantos "cadrados" como normas tiñamos, escribindo un número en cada unha delas para poder identificalas. Acordamos entre todos e todas de que cor sería cada un dos cadrados indicando o seu número.

 

Cos acordos xa tomados chegou o momento de poñernos "mans á obra" e pintar os cadrados das cores que acordaramos... tendo coidado de non pasarnos ó cadrado do lado.

 

O seguinte paso foi ir colocando as fotografías de cada unha das normas no número que lle correspondía.

 

Pouco a pouco, coa axuda de todos e todas fomos completando o panel das normas con tódalas fotografías.

 

Tan só restaba escribir a norma que indicaba cada unha das fotografías...

 

... para pegar o texto escrito debaixo da norma que lle correspondía.

 

E así  de fantástico quedou o noso panel das normas unha vez rematado.

 

Agora xa podemos consultalo cando queiramos posto que o colocamos nun sitio visible da aula.

 

Preparamos tamén un "pequeno panel de normas", pegando cada fotografía no número que lle correspondía e, os máis maiores, escribindo algunha delas.

 

Xa estaban listos para levalas para a nosa casa e que así poidamos contarllas tamén as nosas familias. 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.