Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo.

Neste primeiro trimestre do curso queríamos investigar sobre un tema, como non xurdiu nada na aula decidimos "propoñer ideas" e votar entre todas elas para decidir sobre que queríamos investigar.

Cada un de nos foi propoñendo un tema e "argumentando" que poderíamos investigar en cada caso. Fomos anotando as diferentes ideas no encerado e xa estaba todo listo para decidir por cal delas nos decantaríamos.

Tras un diálogo buscando unha "solución" a como decidir que tema iamos investigar, acordamos que o mellor sería facer unha votación.

Deste xeito primeiro preparamos as nosas "papeletas" para poder emitir o noso voto.

 

Para poder meter os votos facía falta unha urna, fomos a buscala ó almacén.

 

Alí estaba... agardando por nós ;)

 

Despois de calcular cantas "papeletas" iamos precisar fomos a facer as fotocopias que precisábamos.

 

Cada un de nós elexiu que tema, de tódolos propostos, queríamos que se investigase.

 

Por turnos fomos metendo o noso voto na urna, vixiando o proceso tres compañeiros e compañeiras, elexidos por sorteo, que controlaron que cada quen votase só unha vez.

 

Tan só quedaba recontar os votos e ver cal dos temas propostos foi o máis votado.

 

Estes foron os resultados definitivos, finalmente OS GATOS, foron os máis votados. Xa tiñamos tema a nosa próxima investigación!!

 

Comezamos a planificar a nosa investigación, preparando o mural onde iríamos anotando os diferentes pasos do proceso.

 

Buscamos en internet unha imaxe de "GATOS" para poder recortar e pegala xunto ó título do mesmo. 

 

Acordamos tamén, despois dun diálogo, de que xeito contaríamos ós demais tódolos descubrimentos que faríamos na nosa investigación. Finalmente pensamos que poderíamos crear un vídeo onde fosemos contando as respostas ás nosas preguntas, e que lla poderíamos enviar ás nosas familias e ós compaeñiros de Infantil 1.

Así o plasmamos no noso mural da investigación.

 

Pensamos que pegando unha imaxe dunha cámara de vídeo todo o mundo tería claro cal era o noso obxectivo final.

 

Así quedou plasmado no noso mural da investigación o producto final da nosa investigación.

 

Fomos tamén anotando os noso coñecementos previos sobre o tema, escribindo no mural o que XA SABÍAMOS:

 

Tamén dialogamos e acordamos que preguntas queríamos respostar coa nosa investigación... finalmente temos esta chea de preguntas :)

 

O noso mural da investigación, deste xeito, ía dando os seus primeiros pasos.

 

Restaba anotar que fontes de información poderíamos empregar para atopar as respostas, plasmando no mural "ONDE BUSCAR A INFORMACIÓN".

 

Entre as fontes de información indicamos que poderíamos pedir axuda ás nosas familias, para o que cada un de nos escribiu unha nota que levamos para as nosas casas. 

 

Uns días despois comezamos a traer a primeira información, algunha en papel...

 

E outra que foi chegando á nosa conta de correo.

 

Gardámola toda no noso recanto da investigación... agardando a xuntar a suficiente para comezar a investigar.

 

Xa vos iremos contando, en próximas entradas deste blogue, como nos vai coa investigación.

Ata ese momento, lembra que se queres enviarnos algunha información sobre os GATOS, podes facelo por email á nosa conta de correo infantilcampolameiro@gmail.com.

Podes atopar a UDI que planifica este proxecto de investigación na aplicación prográmame e na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcUnlncEp4TGwwRFU

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.