Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?

Comezamos neste curso unha nova rolda de experimentos na nosa aula, tal como fixeramos o curso pasado. Cada mes iremos experimentando con diferentes materiais, elaborando un caderno de campo e creando un vídeo (por parte de cada un dos equipos cooperativos).

Neste primeiro experimento fixemos funcionar un reloxo cunha lanranxa.

O primeiro foi presentar o material e dialogar, plantexando hipóteses, sobre como facer que funcionase o reloxo. 

 

Probamos diferentes combinacións, a medida que iamos propoñendo as nas nosas hipóteses, e empregamos patacas, laranxas e mazás para ver se funcionaba en cada caso.

 

Debatimos plantexando teorías sobre "como era posible que funcionase o reloxo" se non tiña pilas. Despois de darlle moitas voltas chegamos á conclusión de que as "laranxas se convertían en pilas",  que "dentro tiñan que ter electricidade cando se lles poñían tornilos e moedas"... e que a electricidade (como a das pilas) ían polos cables ata o reloxo.

Agora tocaba o turno de que cada un dos equipos repetise o experimento.  E funcionoulles a todos eles !!!

 

Unha vez rematado o experimento en cada equipo, e feita a "auto-avaliación" de como lle foi no traballo conxunto no mesmo. O Equipo "Bola de Fuego" planificou como ía a contar o experimento, no vídeo que tiñan que facer, posto que a eles lles correspondería ser os creadores do vídeo deste primeiro experimento. Decidiron tamén quen diría que durante a rodaxe.

 

Entre todos e todas escribimos o cartel con todo o material que se precisaba, para que logo puidesemos empregalo no vídeo durante a explicación.

 

O Equipo "bola de fuego" grabou o seu vídeo, non sen antes facer varias probas e intentos, ata que quedaron satisfeitos coas "tomas".

No experimento que reproduciron para poder facer o vídeo, deixaron o reloxo funcionando a ver canto duraban as "pilas-laranxa"... e cando marchamos para casa aínda seguía a funcionar. Ó día seguinte o reloxo estaba xa apagado. (podes velo no vídeo do experimento ó final desta entrada)

 

Tan só quedaba que cada quen completase o seu caderno de campo cos datos do experimento, e agardar ata o vindeiro mes para ter un "novo experimento científico na aula".

 

Así de fantást¡co quedou o  vídeo do experimento, contado polo equipo "BOLA DE FUEGO"... queres velo?

 

En vindeiros experimentos, ó longo do curso, os demais equipos (de ámbalas dúas aulas) serán os encargados de crear os seu propios vídeos.

 

Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou directamente desde AQUÍ.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.