Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) E ademais... no mes de maio, tamén sucedeu todo isto.

No mes de maio, ademais de todo o que xa vos contamos en entradas precedentes deste blogue, como continuar coa investigación sobre os tabeiróns e o mar ou crear a nosa película da "supermulleres da paz"; sucedeu tamén todo isto en Infantil 2.

 

CONCURSO DE RELATOS DA ANPA:

Inventamos entre todos e todas, e logo creamos por equipos cooperativos, o conto "A Bruxa dos tabeiróns", para participar no concurso de relatos organizados pola ANPA. 

 

Fai click na seguinte portada, para poder ver o noso conto completo.


Tan só faltaba levarllo á directora do colexio para que o entregase á ANPA.

 

O día da celebracion das "Letras galegas" derónnos un premio polo noso conto. Podes lembrar como foi este momento na seguinte entrada.

26/05/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Descubrimos a Mª Victoria Moreno e facemos un mural coas nosas mascotas, para celebrar a semana das Letras Galegas

 

Traballamos aspectos relacionados co ritmo nas sesións de expresión musical na aula de música. 

 

Participamos nunha video-conferencia co colexio de Lucía, que fora a nosa compañeira e agora está nun novo colexio. Puidemos descubrir como era o seu novo cole e coñecer ós seus novos compañeiros e compañeiras, así como a súa mestra.

 

Asistimos a unha sesión de visionado de curtametraxes organizadas pola biblioteca do centro, dentro do plan  "3, 2, 1... rodando libros", do que tes máis datalles noutra entrada sobre a rodaxe da nosa película "As supermulleres da paz".

 

Experimentamos co xeo e coa sal... creando primeiramente cubiños de xeo de diferentes cores, despois de plantexar hipóteses sobre como facer para "crear xeo".

 

Con sal e unha la, conseguimos que se quedase pegada ó xeo e podes mover o cubiño polo plato. Nesta ocasión é un dos equipos de Infantil 1, quenes crearán o vídeo deste experimento. Poderás velos, xunto cos demais que fixemos ó longo deste curso, no recanto de infantil desta web, ou directamente desde aquí.

 

Completamos o noso caderno de campo, anotando os datos e observacións deste experimento.

 

Traballamos en equipos cooperativos en diferentes momentos e para diferentes obxectivos, como sempre levamos a cabo a nosa auto-avaliación ó rematar o traballo.

27/04/18: (2017-2018) Temos novos equipos cooperativos na aula... Queres coñecelos?

 

Exploramos a nosa creatividade pintando con témpera.

 

Nas sesións de psicomotricidade no pavillón, desenvolvimos habilidades de control do espazo, coordinación de movementos, coordinación de movementos e accións cos outros, traballo en equipo...

ç

 

Asistimos, cos compañeiros e compañeiras de todo colexio ó musical de Pocahontas no Teatro Principal de Pontevedra.

 

E despois merendamos nun parque e xogamos todos nos columpios.

 

Antes de rematar este curso, no mes de xuño, aínda nos quedan cousas por facer: rematar a investigación sobre o mar e convertir a nosa aula no fondo no mar, crear o último vídeo dun novo experimento, recibir a visita dos nenos e nenas da Galiña Azul e  participar na excursión de fin de curso.

Como sempre lembrade que teredes cumprida conta nas respectivas entradas neste blogue.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.