Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul

Como cada fin de curso, o pasado 14 de xuño (tal como tiñamos marcado no calendario de Infantil 1 e Infantil 2) iamos recibir a visita dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A galiña Azul").

Dos catro que virían, do dous deles estarían nas nosa aulas o vindeiro curso.

Antes da visita creamos uns marcos de regalo para cada un deles, que puidemos coñecer por fotografías, onde pegaríamos unha foto de grupo.

 

 

Así de fantásticos nos quedaron.

 

Finalmente chegou o gran día e recibimos a visita dos nenos/as maiores da Galiña azul, acompañado por dúas profes, que por suposto xa coñecíamos, de cando eramos pequenos ;)

 

Fixémonos unha foto de grupo todos xuntos...

 

... para poder pegala, xunto cos novos compañeiros e compañeiras nos marcos de regalo, que levarían para as súas casas.

 

Tamén descubrimos con eles todo o que había nas dúas aulas e xogamos xuntos un anaco.

 

Por suposto tamén lles presentamos á nosa tartaruga "Rayo"

 

Antes de que tivesen que marchar, saímos todos xuntos ó patio para merendar e xogar nos columpios con eles.

 

Foi un día fantástico... agora temos que agarda a que veñan para o vindeiro curso e pasen a forma parte do noso grupo  ;)

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.