Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2018) Participamos na celebración do Magosto cunha camiñata

Un curso máis participamos na celebración do Magosto que tivo lugar no colexio, como sepre anotamos a data no noso calendario online (que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web)

 

Despois de consultar na web para lembrar como fora  festa do curso pasado, e de ter claro o material que precisarñiamos, escribimos unha nota para pedir na casa as castañas e o material para elaborar o noso cesto.

 

Para facer os nosos centos "Castaña-Angry-Birds" pintamos "coas mans" un enorme papel.

 

 

E como "facendo un puzzle" fomos montando a nosa "castaña-Angry-Bird". 

 

Xuntamos as castañas e a leña que fomos traendo, xunto a dos restantes compañeiros e compañeiras do colexio.

 

 

O "gran día", antes de subir ata "San Antoniño" trazamos no mapa de "Google maps" o camiño que seguiríamos tanto na subida (en autobús) como na baixada que sería camiñando.

 

Cando chegamos, e mentras agardábamos a que estivesen os xogos preparados exploramos o territorio.

 

E fixemos unha foto de grupo.

 

 

Xunto ós compañeiros e compañeiras de primaria participamos nunha chea de xogos con castañas.

 

Cando rematamos chegou o momento de degustar as castañas asadas... estaban boísimas.

 

 

Menos mal que tiñamos os nosos cestos de "Castañas-Angry-Birds" para poder metelas.

 

Cando rematamos marchamos de novo cara ó colexio camiñando polo monte ;)

 

Foi unha gran xornada na natureza ;)

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.