Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

Os Dinosauros foron o tema elexido ó comezo deste curso para levar a cabo a nosa primeira investigación. A decisión tomámola despois dunhas reñidas votacións entre os diferentes temas propostos.

 

Unha vez recontados os votos, o gañador resultou ser o tema dos DINOSAUROS.

 

 

Aproveitamos tamén para anotar no noso calendario online (que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web), o día que visitaríamos unha exposición de dinosauros o mes de decembro.

 

 

Como xa somos expertos investigadores, tal como podes comprobar nas entradas dos cursos anteriores, tiñamos claro todo o que iamos precisar para comezar a nosa investigación e o primeiro, como sempre, era preparar o noso mural da investigación.

Como de longo tería que ser "papel xigante"?... cada quen propuxo unha forma de sabelo.

 

 

Finalmente chegamos á conclusión que a mellor forma de sabelo era usando un metro para medir o espazo dispoñible...

 

... e medir logo o tamaño do papel (para non esquecernos do tamaño medido levamos unha tarxeta do número correspondente) 

 

Xa estaba listo o papel para "transportalo" ata clase e comezar a planificar a investigación sobre os dinosuaros.

 

O primeiro foi escribir nel o título da nosa investigación, por suposto acompañada dunha imaxe que eleximos entre todos e todas en internet para posteriormente imprimila.

 

 

Que iamos facer con todo o que descubríramos? Despois de varios diálogos e propostas diferentes, acordamos que poderíamos convertir o corredor de infantil nun museo de dinsoaurios, onde contásemos os nosos descubrimentos...

 

 e onde tamén poderíamos crear un esqueleto de dinosauro xigante.

 

Co "producto final" xa acodado comenzamos por anotar o que xa sabíamos dos dinsosauros e o que crìamos saber, contrastando os nosos coñecementos previos cos dos demais compañeiros e compañeiras. 

 

Plantexamos tamén todo o que pensábamos descubrir ó longo da nosa investigación. Como ves hai unha chea de preguntas do que queremos saber ;)

 

Anotamos tamén as diferentes fontes de información que xa coñecíamos, onde poderíamos atopar a información precisa para respostar ás preguntas plantexadas.

Por equipos cooperativos, fomos acompañando os textos con imaxes que se correspondían co que alí había escrito, para o cal cada equipo tivo que descubir (ler), onde tería que pegar a imaxe da fonte de información que lle correspondera.

 

Escribimos tamén unha nota para as nosas familias informándoos da nosa iniciada investigación, para así poder atopar información que traer ó centro e poder levala a cabo.

 

Como sempre que traballamos en equipos cooperativos, ademais de decidir previamente que rol asumirá cada quen no mesmo e de chegar a a cordos durante todo o proceso, fixemos unha auto-avaliación de como nos foi o traballo dentro do equipo en cada ocasión.

 

Pouco a pouco fomos xuntando moiítisma información en libros e fotocopias que, comentamos cos demais compañeiros e compañeiras nas asambleas ó comezo de cada xorndada, cando as traíamos da casa

 

Tamén recibimos lagazóns e vídeos enviados ó noso correo electrónico infantilcampolameiro@gmail.com, que revisamos cada día para ver se temos novos correos, aínda que xa no-lo recordaba o compañeiro ou compañeira que o enviara desde a súa casa xunto ós seus pais/nais.

 

Por suposto, tódolos correos recibidos teñen a súa resposta que escribimos entre todos.

Así está xa o noso recanto da información. Tanto o físico con fotocopias, fotograías e libros:

 

 

Como o virtual, que temos no recanto de infantil, cos vídeos e ligazóns que nos van chegando por e-mail, que podes atopar no recanto de infantil no apartado "vídeos".

 

Agora xa o temos todo listo para comezar a investigar, nas seguintes entradas iremos contándovos as primeiras respostas que atopemos, e todo o que temos previsto facer para poder crear o noso gran museo dos dinosauros de Infantil 2.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.