Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2008-2009) En busca do tesouro - fin de curso

O último día de clase participamos na "busca dun tesouro" que organizaron os mestres Ángela e Oscar, a profe Merce veu tamén a axudarnos co xogo. Contáronnos que esconderan un cofre cun tesouro no colexio, e que se seguíamos as pistas o atoparíamos.

Antes de nada Nerea leunos as normas do xogo, unha a unha fómolas comentando e aceptando. Se queres ler as normas podes descargalas abaixo de todo.

 

 

Logo chegou o turno de facer os tres equipos, cada quen buscou a tarxeta do seu nome. Como cada unha tiña unha cor distinta pensamos que había que xuntarse por cores, e así logramos ter os tres equipos.

 

O EQUIPO VERDE

 

O  EQUIPO VERMELLO

 

O EQUIPO AZUL

Por sorteo (cunhas ceras das mesmas cores que os equipos) decidimos que profes ían ir con cada equipo. Ó final Ángela foi co equipo Verde, Merce co equipo azul e Óscar co vermello.

 

A primera pista estaba pendurada na clase. Por diante tiña un debuxo, e por detras escrita unha palabra

Tiñamos que ir ás aulas de inglés (o equipo azul), biblioteca (o equipo verde) e música (o equipo vermello)


Cando chegamos ás aulas, descubrimos que estaban cheas de globos de cores (pero non da nosa cor), pensamos que a pista debería estar dentro deles, así que comezamos a estoupalos (co pe, co cu, coas mans...)

 

Dentro do globo atopamos a seguinte pista para atopar o tesouro, era unha fotografía dunha parte do colexio (pista de baloncesto, columpios e árbores)

 

Marchamos para os sitios que indicaba a foto e puxémonos a buscar a seguinte pista, despois dun tempo descubrimos "pezas dos xogos da clase", era unha pista un tanto "extraña"

 

Coa peza na man, pensamos que habería que voltar á aula e poñelas no seu sitio, efectivamente alí dentro había unha nova pista.

 

Era o título dun libro, dentro do cal atopamos a seguinte pista que nos levaría a atopar o tesouro.

A nova pista custounos un pouco descifrala, eran "moitos ratos de ordenador", ó final descubrimos que había que ir a onde houbera moitos "ratos"... á aula de informática.

 

Alí atopamos que en tres monitores había algo escrito, eran nomes de profes do colexio... seguro que a seguinte pista a tiñan eles.

 

Tivemos que buscar ós profes Tirso, Blanca e Bernarda, e era certo, eles tiñan a seguinte pista.

 

 

Era unha pista un pouco "rara", que habería que facer con ela e ¿por que tiña un número 21?, menos mal que por detrás viña escrito o que tiñamos que facer.

 

Había que construir unha torre do número de pezas que indicaba a tarxeta (21) e que non caese, eso si podiamos agarrala entre todos e todas para que non se derrumbase.

Non foi nada doado poñer 21 pezas xustas, tivemos que contar e ir poñendo e quitando ata que a torre estivese como indicaba a pista.

Cando rematamos a torre descubirmos que no encerado estaba a última pista, esperamos polos demáis equipos e entre todos tentamos lela e resolvela.

 

Fomos ó cuarto onde van os profes "cando marcha a luz" para arreglar o problema, e alí atopamos o "cofre do tesouro"

 

Sara, que descubriu á solución da pista final, colleuno e ensinoullo ó resto dos compañeiros/as

 

Dentro había unhas pequenas cartolinas azuis cunha palabra escrita e un debuxo, deulle unha a cada un...

Descubrimos que poñía XEADO e diante tiña un debuxo dun xeado... ESE ERA O TESOURO.

 

Cambiamos o noso vale por un xelado de verdade, estaban boísimos.

 

Tamén fixemos unha festa para despedir o curso.

Ata o curso que ven

 

 ¡¡BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!

 

 

AdxuntoTamaño
Normas da busca do tesouro (pdf)30.34 KB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.