Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de novembro

No mes de novembro, só MARIÑA, cumplía anos, así que o que fixemos cando comezou o mes foi anotalo no noso calendario "online", que podes atopar no recanto de infantil.

Como sempre celebaríamolo ó finalizar o mes, polo que marcamos tanto a data en que faría a tarta como cando tería lugar a festa.

 

Antes de que chegase o día de elaborar a tarta, e por suposto, da celebración, tivemos tempo de facer a coroa para a homenaxeada e a camiseta de regalo feita entre todos e todas.

 

 

Chegado o día antes da festa, e seguindo a indicacións da receita da tarta que escollera a homenaxeada, fomos "cociñando a tarta de galletas oreo"

Tan só faltaba metela no figorífico ata o día seguinte.

O día  da celebración, tras rematar de decorar a tarta con lacasitos...

 

.. chegouo momento de soprar as candeas.

 

Seguidamente tivo lugar a gran festa, na que a homenaxeada convidou ós seus compañeiros e compañeiras a un anaco da tarta que fixera.

 

Por suposto seguido de zume de piña, patacas fritidas e gusanitos para rematar esta festa.

 

Teremos que agardar pouco, ata o mes de decembro, para celebrar os  úlimos aniversarios do ano.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.