Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Seguimos a traballar con robots nas aulas: m-bot, beebot, pro-bot e ozobots

Nas últimas semanas continuamos a traballar cos nosos robots na aula.

Comezamos a programar o m-bot para que camiñase e se movese o premer un botóns.

 

Incluso logramos evitar que "atropellase" a alguns compañeiros ;)

 

O Beebot e Pro-bot "fixeron unha carreira", pero como cada un usa un sistema "diferente" para progrmalo tivemos que "tantear e descubrir" cando debería avanzar cada un para que chegasen á vez á liña de meta.

 

Finalmente descubrimos que co "probot" había medir co metro, mentras que co beebot había contar "cadrados" (de 15 cm) polo que conseguimos ó final que chegasen á vez á meta.

 

Comezamos a traballar cos pequenos ozobots, que siguen camiños debuxados con liñas negras, pero con códigos de diferentes cores poden varias couasas (dar volta, xira, etc...)

 

En pequenos grupos fomos explorando e traballando coas diferentes opcións (códigos de cores) dispoñibles para os ozobots. 

 

Nas vindeiras semanas continuaremos a explorar os diferentes robots... como sempre poderedes estar ó tanto de todo o que sucede en futuras entradas deste blogue. 

Lembra que tes as UDI de róbotica que poñemos en práctica nas aulas de Infantil en "programame-UDIS", búscaas entre as públicas compartidas, ou directamente descárgaas nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2148

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.