Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz

Coa chegada do mes de xaneiro anotamos no noso calendario online o "Día da Paz".

 

Axudamos a completar os "100 xestos de amizade" xunto ós restantes compañeiros e compañeiras de todo o centro.

 

Cada quen escribiu algo bo que fixera por outra persoa nun corazón, que logo pegou no mural que estaba no corredor, ata que entre todos e todas demos completado os 100 xestos de amizade. 

 

Este curso, para traballar a semana da Paz, analizamos os problemas medio-ambientais ós que se enfrenta ó noso planeta, como preámbulo para traballar a "Revolución ecolóxica" de cara á nosa participación nas actividades do Salón do Libro 2019.

Dialogamos todos xuntos sobre que significaban as imaxes e os diferentes vídeos, sobre os problemas medio-ambientais ós que se enfrenta o noso planeta, e dos que os humanos somos responsables. (Podes atopalos no recanto de infantil desta mesma web.

 

Entre todo o que comentamos, descubrimos que había varios animais en perigo de extinción como consecuencia das accións humanas. Atopamos tamén a web da WWF, que se encargan de defender a fauna e a flora. Desde a WWF tamén daban a opción de "adoptar simbólicamente un animal". 

Os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 decidiron adoptar un PINGÜÍN e os de Infantil 2 un ELEFANTE.

 

Realizado o trámite de adopción online, e mentras agradabamos a resposta de WWF, creamos cadanseu panel informativo sobre a adopción nas dúas aulas.

 

Incluímos tamén códigos QR dos vídeos que visualizamos, para que todos poidan coñecer o problema o problema ó que sen enfrontan os animais. Tamén outro da páxina web onde adoptar ós animais en WWF. 

 

 

E por suposto tamén lle puxemos un nome ó noso animal adoptado. 

 

 

Tamén creamos outro panel onde indicamos os restantes animais en perigo de extinción que se poden adoptar, por se alguén quixera axudalos como fixemos nos.

 

Creamos un carnet de "adopción" que  levamos para as nosas casas o día da Paz.

 

 

Días despois da nosa adopción recibimos un paquete de WWF, dentro viña moita información sobre os problemas ós que se enfrentaba cada animal en perigo de extinción, un peluche do animal adoptado e un certificado de adopción.

 

Agora xa temos un novo "compañeiro" nas nosas aulas.

 

 

Engadimos o noso certificado de adopción ó panel informativo.

 

Para que coñecesen ó noso novo "amigo" levamos para casa unha foto de grupo co noso animal de peluche, escribindo tamén o seu nome.

 

 

Empregaremos todo o que descubrimos sobre os problemas destes animais, para crear o noso traballo para participar no "Salón do libro", pero iso poderedes velo nunha futura entrada, dentro dalgunhas semanas.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.