Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do Entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile

Como xa vos contamos, adoptamos un elefante e un pingüín pola semana da paz, e investigamos sobre o perigo no que se atopan para crear o noso traballo para participar no Salón do Libro, do que vos daremos conta nunhas semanas.

Coa chegada do Entroido, ademais de participar nas actividades de "Serafín manda",  todo o centro acordou disfrazarse de animais en perigo de extinción, así que os de Infantil decidimos crear o noso disfraz de pingüíns e de elefantes en EI1 e EI2. Un curso máis organizaríamos un obradoiro nas aulas para facelos coas nosas familias.

O primeiro foi deseñar o noso disfraz, decidindo as partes, cores, materiais e tomando fotografías dos diferntes pasos para crealo, de xeito que puidesemos logo empregalas para escribir as instrucións para a súa elaboración.

 

Co nosos deseños xa creados, e cun primeiro disfraz elaborado nas aulas, chegou o momento de ir redactando as instrucións acompañadas de fotografías de cada un dos pasos. Os compañeiros de EI1 fixérono deste xeito.

 

 

Así quedaron redactadas as instrucións dos compañeiros de EI1, para o seu disfraz de pingüín.

 

Pola súa banda os de EI2, tamén crearon as súas instrucións, ata deixalas listas para o día do obradoiro coas familias.

 

 

Así quedaron unha vez rematadas.

 

 

Os compañeiros e compañeiras de EI2, tamén as redactaron "no ordenador" usando as mesmas fotografías, para que as familias puideran telas "á man". 

 

 

E por fin chegouo gran día, que xa tiñamos anotado no noso calendario online

 

Tan só quedaba preparar todo o material e pezas que precisaríamos, e comprobar en cal das quendas lle correspondería a cada quen.

 

Na aula de Infantil 1, foron elaborando os traxes de pingüín coa axuda das familias e compañeiros/as doutros cursos... pasámolo xenial.

 

Pola súa banda, na aula de Infantil 2, os traxes de elefante foron tomando forma, tan só había que seguir as instrucións que nos mesmos creáramos.

 

Ata o profe Paulo nos pediu axuda para crear o seu disfraz de Elefante.

 

 

Cos disfraces xa rematados, tan só quedaba por preparar a pancarta que nos acompañaría durante o desfile. 

 

Incluímos tamén un código QR xunto ó logotipo de WWF e a palabra "ADOPTA", por se alguén quería saber como adoptar un animal con WWF, como fixemos nos.

 

E por fin chegou o día do desfile, ese día pola mañá revisamos o precorrido que faría en "google maps" (no apartado maps do recanto de infantil desta mesma web), e ata fomos percorrendo os lugares polos que pasaríamos.

 

 

Cando estabamos no recreo recibimos a visita dos nenos e nenas da "Galiña Azul", que viñan disfrazados do Polo Pepe, e xogaron connosco no patio un anaco. Algúns deles estarán no noso cole o curso que ven.

 

 

Antes de comezar o desfile, e xa preparados cos nosos fantásticos disfraces, unhas fotos de grupo como recordatorio.

 

E comezamos o desfile...

 

Facendo o noso percorrido polas rúas do Concello, chegamos ata a Galiña Azul, onde lles devolvemos a visita ós nosos compañeiros e compañeiras. 

 

Continúamos o noso percorrido, saúdando á xente que se paraba a vernos ata que estivemos de volta no colexio.

 

 

Xa no centro, para recuperar forzas, degustamos postres do Entroido, que trouxeran as nosas familias, quenes tamén estiveron convidadas, por suposto.

 

Poderedes atopar máis imaxes do desfile (cos compañeiros e compañeiras de primaria), así como das súa festa de celebración, na galería fotográfica.

Podes ver de seguido o vídeo do desfile.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.