Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro

Este curso voltaríamos a participar nas actividades do Salón do libro, e poderíamos visitar ó noso amigo o lobo ORBIL. A temática nesta ocasión é a "REVOLUCIÓN" e desde o cenro acordouse que traballaríamos a "revolución ecolóxica".

O primeiro foi lembrar como nos fora na nosa visita ó salón do libro do curso pasado, e ver que libro e traballo fixeramos, todo elo na web do colexio. Por suposto tamén anotamos a data na que visitaríamos ó lobo ORBIL nos respectivos calendarios online

 

 

Pareceunos boa idea que cada un dos dous grupos de Educación Infantil fixeramos o noso libro sobre dous animais en perigo de extinción, os elefantes e os pingüíns debido á acción do ser humano, que xa coñecíamos do noso traballo do día da Paz cando os adoptamos e do Entroido, que podes ver entradas anteriores deste blogue.

Cada grupo inventou a súa historia, que foi correxindo mediante a creación de diferentes borradores. Coa historia xa rematada puxémonos mans á obra para elaborar o libro.

 

Podes ver como quedaron os nosos libros, unha vez remados de seguido, facendo click nas súas portadas para poder lelo.

 

 

No traballo do Salón do Libro, ademais da historia que xa tiñamos rematada, había que facer un libro contando o que sabíamos dos "problemas ecolóxicos" que lle correspondeu a cada grupo.

Acordamos que contar e fomos grabándonos no chroma verde...

 

Para logo decidir que poñer no fondo en cada caso, segundo o que iamos dicindo.

 

 

Así de fantásticos quedaron os nosos vídeos unha vez rematados.

 

 

Cos libros e os vídeos rematados, e cando o resto dos cursos do colexio xa fixeran a súa parte do "globo terráqueo no que irían incluídos", correspondeunos facer que os vídeos que todos crearon puidesen verse. Despois dun diálogo chegamos ó acordo de que o mellor sería usar códigos QR. Posto que cada portada xa contaba con Realidade Aumentada onde podía verse o vídeo cun móbil ou táblet.

 

Fomos creando os códigos de cada un dos vídeos, comprobando que efectivamente se trataba do de cada curso...

 

...  para, posteriormente localizar no planeta terra onde tiña lugar ese problema medioambiental.

 

Escribimos tamén as instrucións de como ver os vídeos usando os códigos QR, e pegamos tamén as instrucións para o uso da Realidade Aumentada con "hp reveal".

 

 

Como título decidimos que podería ser "Revolución ecolóxica", pero como non cabían tanta letras deixámolo en "ECO-REVOLUCIÓN".

 

 

E así quedou o noso traballo xa rematado, listo para levalo ó Pazo da Cultura de Pontevedra. Gustaralle ó lobo ORBIL?

 

Podes ver como creamos este traballo entre tódolos cursos do colexio na seguinte entrada:

 (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 

Agora tan só nos falta agardar ó día da nosa visita ó salón do libro para visitar ó lobo ORBIL, ver o noso traballo xunto co dos dos restantes colexios e participar nas actividades que nos propoñan. Como sempre contarémolo nunha entrada deste blogue.

Lembra que podes atopar máis información sobre o salóndo libro en www.salondolibro.gal. Poderás visitala de balde nos horarios que alí se indiquen.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.