Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) E ademais, para rematar o segundo trimestre, no mes de marzo...

Ó longo deste mes de marzo ademais de todo o que xa vos contamos en entradas anteriores (facer o nos libreo para o Salón do libro para logo visitar a Orbil, celebrar os aniversarios e deseñar, elaborar e participar no Entroido co noso disfraz de elefante), tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Como cada comezo de mes, cando cambiamos a folla do calendario, anotamos no calendario online tódolos eventos que terán lugar nas seguintes semanas, no mes de marzo había unha chea deles.

Sobre el o encargado controla as faltas de asistencia, facemos un seguimento estatístico do día que fai, descubrimos que profes veñen á nosa clase ese día...

 

Fomos a plantar árbores no día internacional dos bosques, coa axuda dos axentes forestais e xunto os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

 

Tivemos que escoller as cancións que soan nas entradas e nas saídas para a última semana do mes.

 

Bony, o coello de Yaiza, fíxonos unha visita ;) 

 

Polo día da muller, recibimos a visita da nai de Joaquín e Alberto, que se acercou a lernos unha historia fantástica.

 BLOG DA BIBLIOTECA: 22/03/19: 2018-2019 MAMÁS LECTORAS

 

E visionamos cos compañeiros e EI1, 1º e 2º moitas curtametraxes, para debatir despois, sobre a coeducación e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

 

 

Continuamos a encher o dicionario xigante, coas nosas palabras favoritas, escolléndoas, buscándoas na aplicación online para logo imprimilas, pegalas e escribilas.

 

Evan, a tartaruga de ÓLIVER, veu a vivir con Rayo (a nosa mascota) no seu acuario.

 

Cada semana participamos, cos compañerios e compañeiras de todo o colexio nos "apadriñamentos lectores". E continuamos a levar libros para casa os venres, da nosa biblioteca de aula.

 

O plátano viaxeiro rematou as súas viaxes polas casas de todos nós...

 

... pero comezamos a levar para casa a "mochila viaxeira", organizada polo Biblioteca do centro, na que ademais levamos a colorines (o elefante que adoptamos polo día da paz)

09/02/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz

 

Nesta ocasión a mochila inclúe un libro da biblioteca de aula que escolle cada uno de nós, cando lle toca o turno. 

 

Recibimos unha maleta chea de libros de poesía, na semana da poesía organizada pola Biblioteca do centro. 

 

Que levamos ós compañeiros e compañeiras de 1º e 2º cando rematamos de mirar tódolos libros.

 

 

Escribimos as estrofas dunha poesía de Gloria Fuertes, para poñer na árbore de poemas da entrada do colexio, xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do centro.

 

Desenvolvimos a nosa creatividade pintando con témpera e mesturando cores.

 

Fixemos uns calendarios de agasallo para os nosos pais.

 

Deseñando tamén o papel de regalo para empaquetalo.

 

Como remataba o segundo trimestre, tamén levamos para casa o noso boletín de auto-avaliación "As novas da Escola" e o noso dossier da investigación sobre os dinosaurios, de seguido podes ver un exemplo de como nos quedou. 

 

 

 

Lembra que tes máis información sobre este proxecto na seguinte entrada:

16/03/19: (2018-201) Así creamos o noso museo dos dinosaurios, despois de rematar a investigación. Queres ver en vídeo como quedou?

 

No terceiro trimestre, xa desde a semana que ven, temos aínda moito que facer, descubrir e, por suposto contarvos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.