Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) E ademais no mes de maio...

Durante o mes de maio ademais do que xa vos comentamos en entradas anteriores (que podes atopar no final desta páxina), sucedeu todo o que indicamos de seguido:

Anotamos no noso calendario online os feitos relevantes do mes, controlamos as faltas de asistencia e outras rutinas que levou a cabo diariamente o encargado.

 

 

Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores", con compañeiros e compañeiras doutros niveis, organizados pola biblioteca escolar.

 

Participamos no concurso de poesía organizado pola ANPA, creando unha poesía pola que nos deron un fantástico premio. 

 

 

Asistimos a unha sesión de cutrametraxes sobre a igualdade:

 

 

O noso Dicionario Xigante continou medrando, xa case estamos a punto de rematalo, ó igual que sucede co noso dicionario individual.

 

 

Continuamos a traballar en equipos cooperativos, en diferentes actividades que se plantexan na aula.

 

 

Cada semana, nanosa quenda, temos regar as plantas aromáticas e medicinais, que plantamos no xardín vertical da entrada.

 

HECTOR trouxo novos "inquilinos" para a nosa aula, uns gusanos de seda.

 

Dous compañeiros de primeiro e segundo, viñeron a contarnos os beneficios das froitas, nesta ocasión da laranxa.

 

Rematamos de levar a mochila viaxeira para as nosas casas.

 

Exploramos o uso do PROBOT, uns dos nosos robots educativos.

 

 

RAYO e EVAN continúan vivindo na nosa aula, grazas ós coidados ós que nos comprometemos a darlle cada semana.

 

Continuamos reciclando e compostando os nosos "residuos" da merenda.

 

Participamos nun concerto de Susa Herrera, que nos presentou o seu novo libro de cancións.

 

 

Aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista, que formará a formar parte do telexornal que estamos a crear.

 

 

Participamos nas actividades para celebrar a Semana das Letras Galegas.

 

Exploramos as nosas posibilidades creativas coa témpera.

 

 

 

E ata superamos un reto que nos "auto-impuxemos" nos momentos de xogo libre... Poderíamos facer unha torre que chegase ata o tabeirón? 

 

 

Despois de varios días, varios intentos e de probar diferentes estratexias, colaborando todos e todas demos conseguido o gran reto. 

 

No mes de xuño, antes de que remate este curso, aínda nos queda moito por facer como rematar o noso telexornal, recibir a visita dos compañeiros/as da Galiña Azul, despedirnos dos compañeiros/as que marchan para primeiro e a nosa fantástica excursión de fin de curso.

De todo isto como sempre recibiredes cumprida información neste mesmo blogue.

 

Lembra que podes ver outros tarefas que tiveron lugar ó longo deste mes nas seguintes entradas.

01/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a cociñar. Nas últimas semanas fixemos Spagueti e Magdalenas 
01/06/19: (2018-2019) Sabes como meter papel en auga e que non se molle? Descúbreo co noso vídeo deste experimento 
01/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Celebramos os aniversarios de Anxo e Antía no mes de maio 
25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal 
25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Participamos nas “lecturas na carballeira” cunha poesía de Rosalía de Castro 
11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil 
11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Convertímonos en Chefs: Comezamos cociñando unha pizza

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.