Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os Pokemons: Todo listo para comezar a planificar a película

Como xa vos contamos en entradas anteriores, en Infantil 2, estamos metidos nunha investigación sobre os Pokemons para, unha vez rematada crear un museo e rodar unha películas de animación.

Podes ver os pasos anteriores nas seguintes entradas:

18/10/19: (2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion.

09/11/19: (2019-2020) Atopamos as primeiras respostas na nosa investigación sobre os Pokemon. 

 

Entre as preguntas que aínda nos quedaban por respostar esta saber "COMO SE CHAMABAN". Nesta ocasión traballamos todos xuntos e xuntas para ir buscando os nomes dos pokemons, que tiñamos entre a información aportada polas familias.

 

Coa axuda dun dos vídeos que había no noso recanto da investigación (nesta mesma web no recanto de Infantil), fomos escribindo no mural o nome de cada un dos Pokemons.

 

Deste xeito fomos completando o mural con todos eles.

 

 

Eso si, como algúns non aparecían no vídeo tivemos que buscalos tamén no libro que tiñamos entre a nosa información. 

 

 

Pero finalmente demos atopado o nome de todos eles.

 

Así quedou o noso mural unha vez atopada a resposta a esta pregunta. 

 

 

Para respostar á pregunta de QUE ANIMAIS ERAN, optamos por traballar en equipos cooperativos xa que eran moitísimos Pokemons para completar. Para elo o primeiro era acordar quen asumiría cada rol dentro do de cada un dos equipos.

 

Coa axuda dunhas tablets, onde estaban as fotografías de moitos animais, cada equipo foi localizando aqueles que lles corresponderan, entre a lista de Pokemos que tiñamos no mural.

 

 

Unha vez localizado o animal, recortámolo e pegámolo ó lado de cada un dos Pokemons no mural.

 

 

Días despois, para rematar a investigación tan só restaban tres preguntas, que decidimos investigar por equipos.

Descubrimos QUE PODERES TIÑAN, QUE ERAN OS CENTRO POKEMON e COMO EVOLUCIONAN.

 

Plasmando as respostas no mural da investigación que, deste xeito, quedou completo.

 

Así quedaron as respostas no mural da investigación. 

 

 

E deste xeito o mural da investigación unha vez atopadas tódalas respostas. 

 

Tan só quedaba que cada un dos equipos explicase ó resto de compañeiros e compañeiras, cal fora a resposta que atoparon á pregunta que lle correspondeu.

 

Rematada a investigación aínda nos queda por elaborar cadanseu dossier persoal e, por suposto comezar a deseñar e planificar a película, na que plasmar todo o que fomos descubrindo.

Como sempre poderedes estar ó tanto neste mesmo blogue en diferentes entradas.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.