Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Continuamos a cociñar para descubrir máis sabores do mundo

Como xa vos comentamos en entradas anteriores, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:

11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias

30/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza 

29/11/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro

01/02/20: (2019-2020) Sabores do mundo. En xaneiro cociñamos “fajitas", doce de leite e galletas da sorte

Nas últimas semanas deste mes  "descubrimos novos sabores", cociñando os diferentes platos que che contamos de seguido.

Con cada unha das letras do noso "dicionario xigante" imos buscando un plato para cociñar de todo o mundo.

 

 

"JUDÍAS" CON XAMÓN E OVO:

O primeiro, como sempre, e lavar e preparar os diferentes ingredientes da receita. Calculamos cantidades, contamos e pesamos seguindo as indicacións.

Traballando todos e todas xuntos, oranizado por equipos, acabamos axiña. 

Despois de cociñalas, así de deliciosas quedaron.

 

  

 

LAMINTONGS DE AUSTRALIA: 


Descubrimos un postre delicioso típico de Australia: os Lamintongs. Seguindo un vídeo puidemos ir anotando os ingredientes e as cantidades que precisamos para facelo.

Fomos seguindo os pasos da receita, organizados en dous equipos, medindo, pesando e usando as cantidades exactas de cada ingrediente indicado na receita.

 

Cando xa estiveron cociñados, cada quen decidiu se quería decoralo ou non con coco, como na receita orixinal.

 

Estaban boísimos!!!

 

 

MACEDONIA DE FROITAS:

Unha das semanas decidimos cociñar macedonia de froitas. Despois de ver e comentar o vídeo da receita descubrimos que era moi doado, tan só había que cortar en anaquiños toda a froita que quixeramos e mesturala con zume.

Despois de acordar entre todos e todas que froias levaría, repartímonos o traballo para preparar as froitas.

 

 

Por suposto tamén preparamos o zume, exprimindo laranxas.

 

 

Cada unha das parellas foi mesturando a súa froita coa dos demais.

 

Xa estaba lista para probala.

 

 

 

NATILLAS DE CHOCOLATE:

O último plato que cociñamos, antes da suspensión das clases :(, foron as Natillas de chocolate.

Mirando e escoitando o vídeo anotamos con moito coidado as cantidades exactas de cada un dos ingredientes que ían aparecendo.

 

 

Fomos seguindo os pasos para facer as natillas e o chocolate, pesando as cantidades, medindo volumes, contando...

 

Despois dun anaco enfriando... así de fantásticas quedaron, con cadansúa galleta. 

 

Por suposto, encantáronnos a todos e todas.

Despois de cociñar cada prato anotámolo no noso "recetario do mundo", onde localizamos o país de orixe e escribimos o nome do prato e do lugar do que procede.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.