Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2020-2021) Traballamos e celebramos o Entroido: Seguimos as instrucións de Serafín e facemos un disfraz de Capitán Verdemán.

Tal como estaba anotado nos nosos calendarios online, estabamos xa na semana do Entroido. O primeiro que fixemos foi lembrar (nas publicacións dispoñibles na web) como o celebramos o curso pasado.

Descubrimos que como entón non había COVID-19, puideron vir as familias a participar nun obradoiro connosco no colexio, que participamos nun desfile polas rúas, onde a xente non tiña mascarilla, e que fixeramos unha festa con postres típicos do Entroido.

 

  

Neste curso, pola contra, non sería posible contar coas nosas familias, nin facer a festa cos postres nin facer o desfile polas rúas do concello... pero iso non quería dicir que non fósemos celebrar o Entroido. Sería dun modo diferente. Xa voltará a ser igual de xenial o vindeiro curso.

   

INSTRUCIÓNS DO MECO: O PORCOESPÍN SERAFÍN MANDA:

Participamos nas instrucións do noso MECO, a mascota da biblioteca "Serafín o porcoespín". Nós fomos os encargados en dar a primeira instrución para todo o colexio.

 

 

Ocurríusenos propoñer que todos viñeran co pixama posto, e así o escribimos no cartel que penduramos debaixo de Serafín.

 

 

Cada día os diferentes cursos do colexio foron publicando as instrucións do que había que traer. Deste xeito, antes de saír ó recreo, pasabamos a ver cal era a instrución para o día seguinte...

 

... para anotala nunha nota que levamos para casa. 

 

  

O luns, tal como escolléramos viñemos en pixama.

 

O martes, os de 1º e 2º decidiron que viñeramos con algo na cabeza.

 

  

O mércores os de 3º e 4º escolleron que había que traer algo no pescozo.

  

Por último, o xoves, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º propuxeron que cada un viñese disfrazado como quixese.

 

  

Cada día fomos completando un rexistro, con estas fotos de grupo, que había que pegar no día correspondente, e escribir cal era a instrución de Serafín. 

 

 

  

DESEÑANDO E CREANDO O NOSO DISFRAZ:

Este curso, no que celebraríamos o Entroido dun modo tan diferente, o centro acordou que cada curso viría disfrazado dun conto.

Despois de propoñer varios dos contos que tiñamos nas aulas, acordamos que poderíamos disfrazarnos do "CAPITÁN VERDEMÁN", que loitaba porque non houbese lixo nin contaminación.

 

  

Escribimos unha lista das partes que debería ter o noso disfraz. 

 

 

Creamos o primeiro modelo de disfraz, creando as diferentes partes, e fotografando cada un dos pasos. Usaríamos esas imaxes para redactar as instrucións para facer o disfraz. 

   

Xa estaba listo o primeiro modelo de "disfraz de Capitán Verdemán".

 

Redactamos e creamos as instrucións para facer o noso disfraz, posto que aínda que non houbese obradoiro coas familias, seguro que as íamos precisar:

Creamos unhas instrucións en cada unha das aulas.

 

  

Puxémonos mans á obra para crear os nosos disfraces seguindo os pasos que indicanban as instrucións.

    

  

De cando en vez tivemos que revisalas para aseguranos de cal era o seguinte paso a dar.

 

   

E, por suposto, era imprescindible pasar o "test de calidade", comprobando se aguantaban as pezas cando corríamos ;)

  

Xa estaban os nosos disfraces listos para usalos no desfile no colexio.

  

O día do desfile, despois de facernos as fotos individuais (que podedes ver máis abaixo), xa estabamos preparados para participar na celebración no colexio. 

  

Aquí podes ver como quedaron os disfraces que fixemos. Fai click na seguinte imaxe para vernos a todos e todas.

 

Participamos no desfile no pavillón, xunto cos demais compañeiros e compañeiras do colexio. Eso si, respectando as normas de seguridade COVID-19.

 

 

E como remate de festa despedimos ó noso MECO, ó porcoespín Serafín. 

 

 

Agardamos que o vindeiro curso poidamos celebrar o Entroido coa participación das nosas familias, e que volte a ser como sempre.

  

Podes ver o vídeo do desfile e da celebración do Entroido de seguido, ou facendo click na seguinte publicación:

(2020-2021) Celebramos un Entroido... de conto. Xa podes ver o vídeo do noso desfile.

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 3 invitados conectados.

Usuarios conectados

  • anafigueiras